Lingua belarusa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
formato
Jglamela (conversa | contribucións)
Liña 33:
*'''Fase de decadencia''': ata o final do [[século XVI]], despois da [[Unión de Brest]] ([[1596]]), comeza un declive gradual do uso do bielorruso en favor do latín, Debido a tentativa de unificar as igrexas católica e ortodoxa, e despois en favor do polonés a partir do [[século XVII]], ata chegar ao punto de se tornar prohibido o seu uso en documentos oficiais en 1697, prohibición que marca o punto de inflexión máis baixo na historia desta lingua. Durante o [[século XVIII]] o bielorruso escrito mantívose vivo grazas ao seu uso en pezas teatrais escolares realizadas en festas relixiosas e outras festas públicas. Despois da división polaco-lituana ([[1792]]-[[1795]]) a Bielorrusia pasa a integrar o Imperio Ruso, de forma que as autoridades czaristas trataron o país como unha provincia da [[Rusia]] e a súa lingua como un dialecto do ruso, prohibindo o uso do bielorruso nas escolas , como tamén textos en bielorruso en calquera xornal, o que non se anulou ata [[1905]]. No comezo do [[século XX]] o bielorruso non posuía un alfabeto codificado nin normas ortográficas e gramaticais. Despois de [[1914]], establécense os alfabetos padróns, latino e cirílico, para deseguida conformar normas gramaticais e ortográficas.
 
*'''Fase de rexurdimento''': a división da comunidade polaca constituíu de certa forma o motivo do renacemento da lingua no [[século XIX]]. Todo o territorio bielorruso pasou a facer parte do Imperio Ruso. Estudosos rusos e poloneses comezaron, principalmente por cuestións políticas, a estudar a maioritaria poboación rural dos territorios recén adquiridos, coa intención de demostrar que esa xente era ''rusa'' ou ''polonesa''. No decorrer desas investigacións, ficou en evidencia a riqueza da súa cultura e do seu folclore, alén de se percibir unha lingua claramente independente: o bielorruso. Cando o Imperio Ruso caeu e os comunistas asumiron o poder en [[Moscova]], favorecendo estes a difusión do ruso por toda a [[Unión Soviética]], de forma que o seu uso está hoxe en día amplamente difundido na educación e na vida pública da Bielorrusia.
 
== Datos estatísticos ==