Carta xeométrica de Galicia: Diferenzas entre revisións

mapa físico de Galicia de Domingo Fontán
Contido eliminado Contido engadido
XAVIER (conversa | contribucións)
Nova páxina: Magna obra realizada por Domingo Fontán na que investiu dezasete anos da súa vida. Esta obra vai se-lo primeiro mapa feito en España con métodos cientificos e medicións matemátic...
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 13 de marzo de 2007 ás 20:08

Magna obra realizada por Domingo Fontán na que investiu dezasete anos da súa vida. Esta obra vai se-lo primeiro mapa feito en España con métodos cientificos e medicións matemáticas. Para cartografiar Galicia aproveitou os avances científicos, provintes sobre todo de Francia, e estableceu unha rede xeodésica, establecendo puntos de medición e realizando neles todo tipo de cálculos estronómicos, empregando instrumentos cedidos pola Universidade de Santiago. Para elo tomou como punto cero a torre da Berenguela, na catedral compostelá. En 1817 vai inicia-los traballos da Carta, relizada a unha escala 1:1.000.000, non sendo ata 1830 cando obtén o apoio oficial para redacta-la, quedando exento de impartir clases na Universidade de Santiago de Compostela. Nesta Carta aparecen localizadas 4.000 igrexas das parroquias galegas e de tódolos accidentes xeograficos importantes, acadando un nivel de detalle que non foi superado ata a aparición da cartografía por satélite. En 1834 remata os traballos da Carta, presentandollela a raiña María Cristina, que dará orde de imprimila. Ata 1845 non foi posible a impresión, tendo que ser impresa en Paris.