Adolf Hitler: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Tegel (conversa | contribucións)
m Desfixéronse as edicións de Danips98 (conversa); cambiado á última versión feita por Tegel
lig ints
Liña 16:
|sinatura = [[File:Hitler Signature2.svg|150px]]
}}
'''Adolf Hitler''' (en [[lingua alemá|alemán]]: {{Audio|De-at-Adolf_Hitler.ogg| [ˈadɔlf ˈhɪtlɐ]}}), nado en [[Braunau am Inn]], ([[Austria]],) o [[20 de abril]] de [[1889]] e finado en [[Berlín]], [[Alemaña]], o [[30 de abril]] de [[1945]], foi o líder do [[Partido Nacionalsocialista Alemán dos Traballadores]] (en alemán ''Nationalsozialistische Deutsche Arbeiterpartei'', NSDAP), tamén coñecido por [[Nazismo|Nazi]], unha abreviatura do nome en alemán ('''Na'''tionalso'''zi'''alistische), sendo aínda oposición aos [[socialdemocracia|socialdemócratas]], os ''Sozi''. Hitler converteuse en chanceler e, posteriormente, ditador alemán. Era fillo dun funcionario de alfándega dunha cidade fronteiriza de Austria con Alemaña. Foi o xefe do goberno de Alemaña dende xaneiro de [[1933]] e xefe do goberno e de Estado (''Reichsführer'') dende agosto de [[1934]]. Desenvolveu unha política baseada na necesidade de expansión territorial para obter o chamado "[[espazo vital]]" (''[[Lebensraum]]''), o [[anticomunismo]] e o [[antisemitismo]], que tería a súa maior expresión no [[Holocausto]].
 
== Traxectoria ==
Liña 85:
Na [[Guerra Civil Española]] Hitler enviou homes para axudar aos sublevados dirixidos polo xeneral [[Francisco Franco Bahamonde]] e esa guerra serviulle para testar a capacidade operativa das novas forzas armadas alemás. Contra o parecer dos diplomáticos do ministerio de exteriores alemán, que preferían reforzar as relacións con [[China]], o [[27 de novembro]] aprobou o [[Pacto Anti-Comintern]] entre Alemaña e o [[Xapón]].
 
O [[12 de febreiro]] de 1938 Hitler forzou ao chanceler austríaco [[Kurt Schuschnigg]], baixo ameaza de invasión militar, a permitir a entrada do líder dos nazis austríacos, [[Arthur Seyss-Inquart]], no seu goberno. O [[9 de marzo]] o chanceler austríaco anunciaba a convocatoria dun referendo sobre a unión con Alemaña, o que precipitou os acontecementos. Hitler envioulle un ultimato no que pedía a dimisión do chanceler, Schuschnigg consultou cos británicos, e diante a negativa destes a darlle seguridade sobre o apoio británico á independencia austríaca, dimitiu. Diante da negativa do presidente austríaco a nomear ao líder dos nacionalsocialistas austríacos chanceler, Hitler ameazou coa invasión militar, e aínda que o presidente acabou cedendo, realizou a invasión do exército alemán, sen resistencia ningunha austríaca. A [[Anschluss]] (unificación con Alemaña) materializouse o [[12 de marzo]] coa entrada de Hitler en Viena e finalmente o [[13 de marzo]], Austria converteuse nunha provincia do Reich. Tras a incorporación de Austria intensificou a presión sobre o goberno de [[Checoslovaquia]] coa escusa de defender os dereitos da minoría alemá dos [[Sudetes]], o que conduciu ao acordo de Múnic entre Alemaña, Gran Bretaña, Francia e Italia no que se acordou a incorporación dos Sudetes á Alemaña. Aínda así Hitler ordenou entrar en [[Praga - Praha|Praga]] o [[10 de marzo]] de [[1939]] e proclamou o [[Protectorado de Bohemia e Moravia]].
 
=== Segunda Guerra Mundial ===