Diferenzas entre revisións de «Domingo Fontán»

sen resumo de edición
(ligazóns)
'''Domingo Fontán Rodríguez''' ([[Portas]] ?[[1788]] - [[Cuntis]] [[1866]]), ilustrado galego, coñecido sobre todo por se-lo autor do primeiro mapa topográfico e científico de [[Galicia]].
Pasou boa parte da súa vida vencellado á [[Universidade de Santiago de Compostela]], onde primeiramente cursou os estudos de [[Filosofía]], matriculandose o longo dos anos en Leis e Cánones, Ciencias Exactas e Teoloxía. En [[1811]] comezou a súa carreira de profesor como substituto do catedrático de Retórica e durante o curso [[1813]]-[[1814|14]] substituíu ó titular da cátedra de Lóxica e Metafísica. En [[1817]] comezou os seus traballos de medición para realizar a [[Carta Xeométrica de Galicia]], traballo no que investíu dezasete anos da súa vida e polo que é lembrado hoxe en día. En [[1834]] rematou os traballos da carta e presentouna oficialmente á Raiña Gobernadora, [[María Cristina de Borbón-Dos Sicilias|María Cristina]], quen mandou imprimila, se ben non se puido realizar esta tarefa ata o ano [[1845]] en [[París]]. Este foi o primeiro [[mapa]] realizado en [[España]] con metodos científicos e medicións [[matemáticas]].
221

edicións