Abrir o menú principal

Cambios

lig int
 
===Esplendor e ruína===
Case decontado, e por dous séculos, converteuse na meirande cidade do mundo, acadando, posiblemente por primeira vez na historia, o millón de habitantes. Xa no tempo do califa [[Harun al-Raschid]] ([[786]]-[[809]]) era unha metrópole cosmopolita ([[Arabia|árabe]]s, persas, [[xudeu]]s, [[India - भारत|indio]]s), centro do saber e as [[arte]]s ([[álxebra]] e [[poesía]]; unha gran [[biblioteca]], a Casa da Sabedoría). Foi, en definitiva, a urbe das "''[[Mil e unha noites]]''".
 
Moi pronto a cidade circular viuse sobrepasada con primeiras extensións cara ao norte (barrio Kadhimiyya arredor do santuario homónimo, [[799]]), e cara ao sur e á ribeira do Tigris (barrio Karkh, rúa Haifa). Unha rede de canais irrigaba a urbe e comunicábaa a través do río co interior do imperio e os mares no porto de [[Basora]]. Xunto coas rutas terrestres entre Persia e o [[Mediterráneo]], Bagdad era o centro do comercio entre [[oriente]] e [[occidente]] <ref>[http://www.jesusneverexisted.com/IMAGES/baghdad.gif www.jesusneverexisted.com]</ref>. Porén, contra a metade do [[século IX]] os primeiros síntomas de debilidade do califato fixéronse notar. Xa a partir do [[813]] o pazo califal non volveu ser usado coma consecuencia das destrucións habidas en asedios e loitas fratricidas entre os fillos de [[Harun al-Raschid]]. No [[836]] a corte trasladouse a [[Samarra]]. Inda que de volta en [[892]], xa o fixo a beira leste do Tigris onde, dende o [[862]]-[[866]], o califa [[Al-Musta'in]] tiña construído unha primeira muralla semicircular que protexía os distritos orientais, completada no oeste con outro semicírculo. A fundacional cidade circular foi progresivamente abandonada á ruína<ref>[http://home.tiscali.nl/~t543201/web-mongol/mongol-maps/mongol-bagdad.gif Esquema] da planta da cidade.</ref>.