Diwan: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Vivaelcelta (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
lig int
Liña 5:
 
== Orixe e recoñecemento ==
No ano 1977 abren as dúas primeiras escolas-gardería Diwan en [[Quimper|Kemper]] e [[Bro Leon]], cun total de sete cativos, inspiradas nas [[ikastola]]s vascas, as [[ysgolion meithrin]] galesas e as [[Gaelscoil]] irlandesas. En abril de [[1979]] xa había 11 escolas cun cento de rapaces, e en [[1980]] abren os primeiros centros de [[educación primaria|ensino primario]]; a primeira escola pública abriuse en Saint Rivoal en [[1982]] e a primeira católica en [[Vannes|Gwened]] en [[1990]]. Deste xeito, en [[1983]], a rede Diwan dispuña de 19 centro de educación infantil e 4 escolas de primaria, cun máis de 300 alumnos. Calculábase que 21 centros máis foran bloqueados en toda a [[Bretaña - Breizh|Bretaña]] baixo escusas administrativas e de carácter económico.
 
Nese mesmo ano, as escolas Diwan foron recoñecidas polo Ministerio de Educación de Francia, e en [[1985]] son incorporadas ó sistema educativo público, á vez que comezaron a recibir algunhas subvencións oficiais dos organismos rexionais. En [[1988]] abriuse en [[Brest, Bretaña|Brest]] o primeiro instituto trilingüe de [[bacharelato]]. Porén, o [[5 de maio]] de [[1990]], os mestres Diwan de [[Roazhon]] manifestáronse porque só un cuarto deles recibían o seu soldo do ministerio. En xullo do mesmo ano, conseguiron que os daquela 51 mestres Diwan fosen pagados polo Estado francés, mais non os considera como funcionarios nin asume a súa formación. En [[1991]] xa eran 822 alumnos en 22 escolas.
 
== Organización ==
No ano [[1994]], a rede Diwan, dirixida daquela por J.P. Couteller, dispuña de 24 centros repartidos polos cinco [[departamentos franceses|departamentos]] da [[Bretaña (histórica)|Bretaña histórica]] con 175 mestres e 1.100 alumnos. Destes centros, 23 son de educación infantil e primaria e un de secundaria (de 11 a 15 anos) en Brest. Respecto ós mestres, fórmanse de 7 a 8 cada ano e requíreselles a titulación oficial de maxisterio máis dous anos de formación en bretón. O sistema de inmersión lingüística que se emprega é o utilizado no [[Quebec - Québec|Quebec]] para o [[lingua francesa|francés]], e son frecuentes os contactos educativos con centros de [[Gales - Cymru|Gales]], [[País Vasco - Euskal Herria|País Vasco]], [[Quebec - Québec|Quebec]] e [[Cataluña]]. Ós sete anos introdúcese o francés como segunda lingua, ós 11 introdúcese o [[lingua inglesa|inglés]] como terceira e ós 13 o [[Lingua alemá|alemán]] ou o [[lingua castelá|castelán]] como cuarto idioma. Tamén reciben algunhas subvencións dos departamentos, do ''Conseil Régional de Bretagne'' e da Comisión Europea. Calcúlase que cada ano aumentan entre un 15-16 % as matriculacións en centros Diwan. Segundo datos do ano [[2003]], había 8.874 estudantes.
 
== Véxase tamén ==