Ferenc Puskás: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Quorthom (conversa | contribucións)
Quorthom (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 27:
Durante os anos 50 convertiuse no capitán e nunha das estrelas da [[Selección nacional de fútbol de Hungría|selección húngara]] coñecida coma o ''[[Aranycsapat]]'' ("Equipo de ouro" en húngaro). Con Puskás estaba outros lendarios futbolistas coma [[Sándor Kocsis]], [[Zoltán Czibor]], [[József Bozsik]] ou [[Nándor Hidegkuti]].
 
Puskás xogou para o [[Budapest Honvéd FC|Honvéd]] ata 1956, ano no que estoupou a [[Revolución Húngara]]. Este feito colleu ós xogadores fóra do país, por mor dunha eliminatoria de [[Liga de Campións|Copa de Europa]] contra o [[Athletic Club de Bilbao|Athletic de Bilbao]]. Moitos negáronse a voltar, e tentaron sacar ás súas familias de Hungría o antes posible. En [[1958]] ficha polo [[Real Madrid]] e alí xúntase con outros grandes xogadores coma [[Alfredo Di Stéfano]], [[Francisco Gento]], [[Raymond Kopa]], [[Héctor Rial]] ou[[José Santamaria]].
 
O que máis destacaba de Ferenc Puskás era o seu mortífero disparo coa perna esquerda, que non deixou de reportarlle goles ao longo de toda a súa carreira. Foi o máximo anotador da [[Liga Húngara de Fútbol|Liga Húngara]] en catro ocasións. Amáis, nunha delas, en 1948, foi tamén o máximo anotador europeo ([[Bota de Ouro]]). Tempo despois, cando marchou ao [[Real Madrd]] gañou catro veces o [[Trofeo Pichichi]] e anotou sete goles en dúas finales da [[Liga de Campións|Copa de Europa]]