Abrir o menú principal

Cambios

lig int
Nos séculos VII e VI a.C. pertencía á [[anfictionía]] chamada "dos [[Minias]]", cuxo emprazamento estaba situado na illa de [[Poros (Grecia)|Calauria]].<ref> [[Estrabón]], ''[[Xeografía de Estrabón|Xeografía]]'', viii, 6,15.</ref> A finais do século VI estaba gobernada polo tirano Procles, que deu a súa filla Melisa en matrimonio a [[Periandro de Corinto|Periandro]], tirano de [[Corinto]].<ref>[[Heródoto]], ''[[Historias (Heródoto)|Historia]]'', iii, 50; v,92.</ref> Periandro atacou Epidauro e fixo prisioneiro a Procles conquistando a cidade. Despois da tiranía volveu a [[oligarquía]].
 
En época histórica, oligarcas dóricos continuaban sendo os dirixentes da cidade, que era unha das principais cidades comerciais do Peloponeso, e colonizou [[Exina]] que, durante moito tempo foi unha dependencia súa. Tamén colonizou [[Cos, - ΚωςGrecia|Cos]], [[Calimnos]] (''Calidnos'') e [[Nisiros]], pero cando o comercio creceu, Exina aumentou a súa importancia e suplantou á metrópole no século VI a.C.
[[Ficheiro:Epidauros-Stadion-1.JPG|miniatura|esquerda|300px|dereita|Estadio de Epidauro.]]