Diferenzas entre revisións de «Garrote»

sen resumo de edición
Empregado dende a [[Idade Media]] foi un método de execución legal en [[Portugal]] e en [[España]]; tamén se aplicou en países de colonización española. En [[Inglaterra]] usábase para axustizar a reos condenados de herexía antes de queimalos.
 
O seu uso en España remóntase a 1820, pero convértese no medio de axustízante oficial a partir de 1832, ano en que o rei [[Fernando VII rei de España|Fernando VII]] impón este método para as execucións por consideralo máis humano que a forca, que era o utilizado ata entón.
 
A pena de morte estivo vixente ata a súa abolición coa [[Constitución Española de 1978]] aínda que a última execución por garrote vil foi en [[1974]], sendo os últimos condenados por este sistema en España, o anarquista catalá [[Salvador Puig Antich]], e mailo delincuente común de orixe polaca Heinz Ches, foron axustizados por garrote o [[2 de marzo]] de 1974.
3.723

edicións