Ramón Reimunde Noreña: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 4:
Estudou Enxeñería Naval en [[Oviedo]] e [[Madrid]], Náutica na [[A Coruña|Coruña]] e Filoloxía en [[Santiago de Compostela]]. Foi piloto e capitán de Mariña Mercante (título obtido en [[1979]]), licenciado en Filoloxía Hispánica (1979) e en Filoloxía Galego-Portuguesa ([[1982]]). En [[1981]] foi nomeado profesor agregado de Lingua e Literatura Galega, con destinos en [[Viveiro]], [[Lugo]] e [[Foz]], accedendo en [[1992]] á condición de catedrático de Lingua Galega. Ten navegado por tódolos mares do mundo como oficial, desde [[1972]] ata 1979, en barcos españois e estranxeiros. É membro da [[Academia Galega da Língua Portuguesa]].
 
Colaborou con artigos en xornais como [[El Progreso (xornal)|El Progreso]] e [[La Voz de Galicia]], e ten participado en xornadas de ensino e congresos.
 
==Obra===
===Ensaio===
*''Ben pode [[Mondoñedo]] desde agora. A eséncia popular na obra e na língua de [[Manuel Leiras Pulpeiro]]'', [[1998]], [[Fundación Caixa Galicia]].