Opio: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nachonion (conversa | contribucións)
Esta achega baséase na versión catalá da Wikipedia [ca:Opi]
 
Nachonion (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 1:
[[Ficheiro:opiumball.jpg|right|thumb|200px|Bóla de 200 gramos de opio producido en [[España]], cos envases para a recollida e un [[euro]] de escala]]
 
O '''opio''' é un [[látex]] desecado ao ar extraído por incisión transversal dos casulos verdes dos froitos de certas plantas como a [[durmideira]] (''Papaver somniferum''), que contén varios alcaloides, entre os que destaca a morfina por ser un forte [[analxésico]] e por ser a base para a obtención de [[Heroína (droga)|heroína]]s<ref>Definiciñon en Portald as Palabras da [[RAG]]- http://www.portaldaspalabras.org/buscador?palabra=opio&sinom=0&homonimo=</ref>; é, polo tanto unha [[droga]], analxésica, narcótica, de cheiro característico e un sabor amargo. Contén non menos dun 9'5% de [[morfina]]. As propiedades [[analxésico|analxésicas]] e [[hipnótico|hipnóticas]] deste [[estupefaciente]] son coñecidos dende hai séculos. Os principais países produtores de opio son [[Turquía]], o [[Irán]], [[República Federal de Iugoslavia|Iugoslavia]] e maila [[India]].<ref name=encat>[http://www.enciclopedia.cat/fitxa_v2.jsp?NDCHEC=0127866&BATE=opi Opi] a partir da ''Enciclopèdia Catalana'' (enciclopedia catalá)</ref>
 
O opio preséntas en pans ovais, apalanados, usualmente duns 8 a 15 centímetros de [[diámetro]] e de 300 a 500 [[gramo]]s de [[peso]], aínda que os hai de até dous quilos. Os pans de opio son dunha cor acastañada clara que se escurece co tempo, moles, cubertos con follas de [[durmideira]] e froitos de ''[[Rumex]]''.
Liña 38:
Tamén se poden apañar os casulos de [[durmideira]] esmagados e facer unha infusión durante máis de media hora; os mesmos casulos poden servir para máis dunha ronda. O sabor é desagradábel, de xeito qie se acostuma a pór un pouco [[mel]], outras opinións falan dun sabor fantástico, sempre dependendo dos gustos.
 
Danse casos nos que o opio prepárase nunha culler coma se foses [[Heroína (droga)|heroína]] e se inxecta en [[vea]], cousa que provoca [[dor]] e [[inflamación]] posterior da vea.
 
Tamén pode ser utilizado para a elaboración de diferentes preparados coma o [[láudano]].