Diferenzas entre revisións de «Pantera Rodríguez»

sen resumo de edición
mSem resumo de edição
Sem resumo de edição
Fillo dun mariñeiro, por consello dun antigo boxeador da súa mesma vila, [[Vicente Martiñán]], aos dezaseis anos mudouse a [[Zaragoza]] e posteriormente a [[Madrid]], para dedicarse ao boxeo. En Madrid debutou como afeccionado en [[1972]]. Nese ano e en [[1976]] proclamouse campión de España de afeccionados na categoría de pesos pesados. En [[1977]] pasa a profesional, e gaña por nove veces o título dos pesos pesados, ata que se retira invicto en [[1987]]. Obtivo o título de campión europeo dos pesos pesados en [[1978]], pero perdeuno aos puntos contra o italiano [[Lorenzo Zenon]] en [[1979]] e non o recuperou contra o francés [[Lucien Rodriguez]] en [[1981]]. Tamén pelexou contra o uruguaio [[Alfredo Evangelista]], co resultado de combate nulo.
 
Cando se retirou do boxeo traballou como vixilante de seguridade na [[A Coruña|Coruña]] e logo como presentador no programa de [[televisión]] ''[[Luar (programa)|Luar]]''. Posteriormente regresou ao traballo de garda de seguridade.
 
O [[8 de abril]] de [[2000]] recibiu unha homenaxe no [[polideportivo de Fontecarmoa]], no [[O Carril, Vilagarcía de Arousa|Carril]] e dous meses despois falecía dun [[tumor cerebral]].
18.522

edicións