Abrir o menú principal

Cambios

Arranxo
Comezou a súa carreira como [[Modelo (arte)|modelo]] fotográfica e a partir de 1946 comezou a interpretar pequenos papeis en películas de baixo custo. Os primeiros papeis destacados interpretounos nas películas ''[[The Asphalt Jungle]]'' (''A xungla do asfalto'', 1950) e ''[[All About Eve]]'' (''Todo sobre Eva'', 1950). O seu recoñecemento mundial comezou a desenvolverse despois de que protagonizara o musical ''[[Gentlemen Prefer Blondes]]'' (''Os cabaleiros prefírenas louras'') (1953) e aparecese no número inaugural da revista ''[[Playboy]]''.<ref name="Biografía">{{cita web |url= http://www.publispain.com/marilynmonroe/biografia.htm|título= Biografía de Marilyn Monroe |dataacceso= 30/06/2013 |autor= Publispain|lingua= español}}</ref>
 
Interpretou o papel principal nas comedias ''How to Marry a Millionaire'' (''Como casar cun millonario'' 1953), ''[[The Seven Year Itch]]'' (1955) e ''[[Bus Stop]]'' (1956), e grazas ao éxito taquilleirode público destas películas, desde entón comezou a ser considerada como unha das actrices máis rendibles da industria cinematográfica. O seu maior éxito comercial foi ''[[Con saias e a rachar|Some Like it Hot]]'' (1959), filme polo que gañou o [[Globo de Ouro]] á mellor actriz de comedia.<ref name="Oro">{{cita web |url= http://www.misrespuestas.com/quien-fue-marilyn-monroe.html|título= Quién fue Marilyn Monroe ?|dataacceso= 17/08/2013|autor= Mis respuestas|lingua= castelán}}</ref>
 
Foi considerada como unha das mulleres máis atractivas da historia da sétima arte, pero a súa explosiva beleza condicionouna artística e emocionalmente, obrigándoa a proxectar unha imaxe sedutora e superficial que encubría a súa personalidade real, sensible e inestable desde a infancia. Estivo casada co escritor [[James E. Dougherty]] (1942-1946), co xogador de béisbol [[Joe DiMaggio]], en 1954, e logo co dramaturgo [[Arthur Miller]], entre 1956 e 1962.
28.346

edicións