Diferenzas entre revisións de «Citocromo c»

== Localización extramitocondrial ==
 
En condicións fisiolóxicas acéptase xeneralizadamente que o citocromo ''c'' está localizado só no espazo intermembrana mitocondrial.<ref name="pmid9242927">{{cite journal | author = Neupert W | title = Protein import into mitochondria | journal = Annu. Rev. Biochem. | volume = 66 | issue = | pages = 863–917 | year = 1997 | pmid = 9242927 | doi = 10.1146/annurev.biochem.66.1.863 }}</ref> A liberación do citocromo c da mitocondria ao [[citosol]], onde activa a familia das [[caspase]]s das [[protease]]e crese que é o principal activador que dá lugar ao comezo da apoptose.<ref name="pmid9558479">{{cite journal | author = Kroemer G, Dallaporta B, Resche-Rigon M | title = The mitochondrial death/life regulator in apoptosis and necrosis | journal = Annu. Rev. Physiol. | volume = 60 | issue = | pages = 619–42 | year = 1998 | pmid = 9558479 | doi = 10.1146/annurev.physiol.60.1.619 }}</ref> Porén, estudos microscópicos inmunoelectrónicos detallados con preparacións de tecidos de ratas empregando [[anticorpo]]s específicos para o citocromo ''c'' proporcionaron fortes evidencias de que o citocromo ''c'' en condicións normais celulares está tamén presente en localizacións extramitocondriais.<ref name="Soltys_2001">{{cite journal | author = Soltys BJ, Andrews DW, Jemmerson R, Gupta RS | title = Cytochrome-C localizes in secretory granules in pancreas and anterior pituitary | journal = Cell Biol. Int. | volume = 25 | issue = 4 | pages = 331–8 | year = 2001 | pmid = 11319839 | doi = 10.1006/cbir.2000.0651 }}</ref> Nas [[célula pancreática acinar|células pancreáticas acinares]] e da [[pituitaria anterior]], detectouse unha presenza forte e específica de citocromo ''c'' nos [[gránulo (bioloxía)|gránulos]] de [[cimóxeno]] e nos gránulos da [[hormona do crecemento]], respectivamente. No [[páncreas]] o citocromo ''c'' tamén se atopou en [[vacúolo]]s condensados e no [[lume (bioloxía)|lume]] dos [[acino]]s. A localización extramitocondrial do citocromo ''c'' é específica, xa que desaparece completamente despois da adsorción do anticorpo primario co citocromo ''c'' purificado.<ref name="Soltys_2001" /> A presenza de citocromo ''c'' fóra da mitocondria en localizacións específicas baixo condicións fisiolóxicas normais formula importantes cuestións sobre a súa función celular e os mecanismos de translocación.<ref name="Soltys_2001" /> Ademais de para o citocromo ''c'', esta localización extramitocondrial tamén se observou en moitas outras proteínas mitocondriais incluíndo as codificadas polo propio [[ADN mitocondrial]].<ref name="pmid18575266">{{cite journal | author = Gupta RS, Ramachandra NB, Bowes T, Singh B | title = Unusual cellular disposition of the mitochondrial molecular chaperones Hsp60, Hsp70 and Hsp10 | journal = Novartis Found. Symp. | volume = 291 | issue = | pages = 59–68; discussion 69–73, 137–40 | year = 2008 | pmid = 18575266 | doi = }}</ref><ref name="pmid16133117">{{cite journal | author = Sadacharan SK, Singh B, Bowes T, Gupta RS | title = Localization of mitochondrial DNA encoded cytochrome c oxidase subunits I and II in rat pancreatic zymogen granules and pituitary growth hormone granules | journal = Histochem. Cell Biol. | volume = 124 | issue = 5 | pages = 409–21 |date=November 2005 | pmid = 16133117 | doi = 10.1007/s00418-005-0056-2 }}</ref><ref name="Soltys_2000">{{cite journal | author = Soltys BJ, Gupta RS | title = Mitochondrial proteins at unexpected cellular locations: export of proteins from mitochondria from an evolutionary perspective | journal = Int. Rev. Cytol. | volume = 194 | issue = | pages = 133–96 | year = 2000 | pmid = 10494626 | doi = }}</ref> Isto abre a posibilidade de que existan mecanismos específicos para a translocación de proteínas mitocondriais aínda non identidicados que as pasan desde as mitocondrias ao citosol para ir a outros destinos celulares.<ref name="Soltys_2000" /><ref name="pmid10322429">{{cite journal | author = Soltys BJ, Gupta RS | title = Mitochondrial-matrix proteins at unexpected locations: are they exported? | journal = Trends Biochem. Sci. | volume = 24 | issue = 5 | pages = 174–7 |date=May 1999 | pmid = 10322429 | doi = }}</ref>
 
== Notas ==
193.826

edicións