Tim Burton: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Traducir títulos
JaviP96 (conversa | contribucións)
m Desfixéronse as edicións de 83.165.62.164 (conversa); cambiado á última versión feita por Breogan2008
Liña 26:
A habilidade de Burton para producir éxitos con baixos presupostos impresionou ós executivos, e recibiu a súa primeira película de gran presuposto, ''Batman'', en 1989. A realización da mega-produción, ambientada en Londres, estivo pragada de problemas. Burton repetidamente discutiu cos produtores da película, [[Jon Peters]] e [[Peter Guber]], pero a debacle máis notoria involucrou ó reparto. Burton quería incluír a [[Michael Keaton]] polo seu papel anterior como ''[[Beetlejuice]]'', malia o físico de Keaton, a súa inexperiencia con películas de acción, e a súa reputación como actor cómico. Aínda que Burton finalmente logrou o seu propósito, o furor sobre o reparto provocou gran animosidade entre os fanáticos, mesmo provocando o descenso do valor comercial das accións de Warner Brothers. Burton considerara ridículo elixir a alguén musculoso como Batman, insistindo en que o Xusticeiro Alado debería ser un home ordinario (aínda que incriblemente rico) vestido nun elaborado disfrace de morcego para asustar ós criminais. Burton escolleu a [[Jack Nicholson]] como [[O Joker]] ([[Tim Curry]] era a segunda opción) nun movemento que axudou a calmar os temores dos fans, así como para atraer audiencias maduras non tan interesadas nas películas de superheroes. Ó estrearse a película en xuño de 1989, foi respaldada pola campaña de mercadotecnia e mercancía máis grande da historia do cine ata ese momento, converténdose no éxito de taquilla máis grande da historia, recadando máis de 250 millóns de dólares nos Estados Unidos e 400 a nivel mundial. A película resultou ser unha gran influencia para futuras películas de superheroes, que tomaron parte do brillo e do heroísmo americano de [[Superman]] para personaxes máis estraños e con máis profundidade emocional. O estilo gótico estilizado de [[Gotham City]] terminou sendo adoptado para a imaxe da cidade nas tiras cómicas.
 
=== [[EduardoEdward ManstesourasScissorhands]] ===
En 1990 Burton co-escribiu (con [[Caroline Thompson]]) e dirixiu ''EduardoEdward ManstesourasScissorhands'', volvendo a traballar con [[Winona Ryder]], despois de coincidiren en ''Beetlejuice''. [[Johnny Depp]], un ídolo da adolescencia a finais dos anos oitenta polo seu traballo na serie de televisión ''[[21 Jump Street]]'', foi elixido para o papel de Edward, a creación dun inventor excéntrico e anticuado interpretado por [[Vincent Price]], na que sería a súa última aparición na pantalla antes de morrer. Edward parecía humano, pero debido á repentina morte do seu creador, quedou con tesoiras en lugar de mans. Situada nos suburbios (a película filmouse en [[Florida]]), a película é considerada a autobiografía de Burton en canto á súa infancia nos suburbios de Burbank. Price algunha vez dixo que "Tim é Edward". Johnny Depp escribiu un comentario similar no prólogo do libro de [[Mark Salisbury]], ''Burton on Burton'', referíndose ó seu primeiro encontro con Burton para o filme. ''Edward'' é considerada como a mellor película de Burton por fanáticos e críticos.
 
Esta película presenta unha estética moi característica de Tim Burton: composicións visuais levadas ó límite, tanto nos cadros como nas cores, os deseños dos lugares, os personaxes e os obxectos. A película representa a súa clara visión do romanticismo máis inocente: o dun mozo que non coñece o amor, e é tal o sentimento exercido que resulta emotivo e entrañable.
Liña 36:
Burton empezou a facer o traballo preliminar para a [[Batman Forever|terceira entrega]]. [[Val Kilmer]] foi escollido para o papel principal (despois de que Michael Keaton rexeitara o personaxe debido a que Burton deixou o proxecto), [[Chris O'Donnell]] foi escollido para o papel de [[Robin (DC comics)|Robin]], [[Jim Carrey]] como [[Riddler|The Riddler]] (despois de que [[Robin Williams]] rexeitara o papel), [[Tommy Lee Jones]] como [[Dúas Caras]], e [[Nicole Kidman]] foi elixida como o interese romántico de Batman, a Dra. Chase Meridian. Warner Brothers prescindiu de Burton despois de decatarse de que o ton da película era similar a ''Batman volve''. Burton deixou a franquía de Batman, se ben regresou como produtor para ''[[Batman Forever]]'' dirixida por [[Joel Schumacher]] en 1995. Desta película dixo que tiña un título "como unha tatuaxe que che fas cando estás drogado".
 
=== [[PesadeloThe antesNightmare deBefore NadalChristmas]] ===
Despois, Burton escribiu e produciu ''[[PesadeloThe antesNightmare deBefore NadalChristmas]]'' (1993), que non dirixiu por conflitos de axenda con ''[[Batman Returns]]''. Orixinalmente ía ser un libro para nenos con rimas. A película foi dirixida por [[Henry Selick]] e escrita por [[Michael McDowell]] e [[Carolina Thompson]], baseado na historia, mundo e personaxes orixinais de Burton. O deseño das escenografías, os personaxes e a historia fixeron desta película unha pequena obra mestra non comprendida pola crítica. Porén, a historia do rei do país do [[Halloween]] que desexa converterse nun benévolo [[Papá Noel]] foi ben recibida polo público, converténdose nunha película de culto. Desde entón os produtos alusivos á cinta véndense por millóns, desde carteiras ata xoguetes. Burton colaborou con Selick de novo para ''[[James and the Giant Peach|Jim e o Pexego Xigante]]'' (1996), película que Burton co-produciu. A película axudou a xerar un renovado interese na animación stop-motion.
 
Unha escena borrada de ''The Nightmare Before Christmas'' representaba a un grupo de vampiros xogando ó [[hockey]] nun lago conxelado coa cabeza decapitada do produtor, Tim Burton. A cabeza foi substituída cunha [[cabaza de Halloween]].