República Popular da China: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
lig ints
Etiquetas: artigo novo moi curto Edición visual
Liña 1:
{{1000}}[[Categoría:China]]
{{País
| nome_oficial = 中华人民共和国
Zhōnghuá rénmín gònghéguó

República Popular da China
| nome_curto = República Popular da China
| de = da
| imaxe_bandeira = Flag of the People's Republic of China.svg
| imaxe_escudo = National Emblem of the People's Republic of China.svg
| imaxe_escudo_tamaño = 70px
| imaxe_mapa = China in its region (claimed hatched).svg
| himno_nacional = [[Marcha dos Voluntarios|Yìyǒngjūn Jìnxíngqǔ]]
| ficheiro_himno_nacional = March of the Volunteers instrumental.ogg
| capital = [[Pequín]]
| capital_poboación = 20.693.000 ([[2012]])
| cidade_principal = [[Shanghai]]
| idiomas_oficiais = [[Lingua chinesa|Mandarín estándar]]{{Infobox ref|1}}
| goberno = [[Unipartidismo]]
[[Comunismo]] (nominalmente)
| dirixentes_títulos = [[Presidente]]
[[Primeiro Ministro]]
| dirixentes_nomes = [[Xi Jinping]]
[[Wen Jiabao]]
| fundación = [[Historia da China|Formación]]
• Unificación
• República
• República Popular
| fundación_datas =
[[-221|221 a.C.]]
[[1 de xaneiro]] de [[1912]]
[[1 de outubro]] de [[1949]]
| superficie = 9.640.821
| superficie_posto = 3
| superficie_auga = 2,8%
| fronteiras = 22.117
| costas = 14.500
| poboación = 1.339.724.852 ([[2010]])
| poboación_posto = 1
| poboación_densidade = 138,96
| PIB = [[Dólar estadounidense|US$]] 11.316.000 millóns
| PIB_ano = 2011
| PIB_posto = 2
| PIB_per_cápita = [[Dólar estadounidense|US$]] 8.394
| PIB_nominal = [[Dólar estadounidense|US$]] 6.988.000 millóns
| PIB_nominal_ano = 2011
| PIB_nominal_posto = 2
| PIB_nominal_per_cápita = [[Dólar estadounidense|US$]] 5.184
| IDH = 0,663
| IDH_ano = 2010
| IDH_posto = 89
| IDH_categoría = Medio
| moeda = [[Renminbi]]
| moeda_símbolo = ¥
| moeda_iso = CNY
| xentilicio = Chinés, chinesa
| horario = [[UTC]]+8
| cctld = .cn
| código_telefónico = 86
| prefixo_radiofónico = 3HA-3UZ
| código_ISO = 156 / CHN / CN
| membro_de = [[ONU]], [[Cooperación Económica de Ásia-Pacífico|APEC]]
| nota1 = Co-oficial co [[Lingua inglesa|inglés]] en [[Hong Kong]] e co [[Lingua portuguesa|portugués]] en [[Macau]]. Ademais algunhas outras linguas son co-oficiais xunto co chinés mandarín en pequenas áreas do país.
| nota2 = A superficie non inclúe os territorios disputados. Con eles a superficie sería de 9.671.018 km².
}}{{redirección|China|China (homónimos)}}

'''China''' (en [[lingua chinesa|chinés]]: 中国; [[pinyin]]: ''Zhōngguó''), oficialmente a '''República Popular da China''' (en [[lingua chinesa|chinés]]: 中华人民共和国; [[pinyin]]: ''Zhōnghuá rénmín gònghéguó''), é un estado situado en [[Asia|Asia oriental]]. Trátase [[Lista de países por poboación|país máis poboado do mundo]], xa que conta cunha poboación que supera os 1.300 millóns de habitantes. A República Popular é un [[Estado]] [[Unipartidismo|unipartidista]] gobernado polo [[Partido Comunista da China]], estando a súa sede goberno na cidade de [[Pequín]]. Esta, exerce xurisdición sobre [[División Administrativa da República Popular da China|vinte e dúas provincias]], cinco rexións autónomas, catro municipalidades directamente controladas ([[Pequín]], [[Tianjin]], [[Shanghai]] e [[Chongqing]]) e dúas rexións administrativas especiais practicamente autónomas, [[Hong Kong]] e [[Macau]]. A República Popular da China reclama [[Taiwán]] como a súa provincia número viente e tres, aínda que na práctica a illa é independente, xa que se atopa administrada polo réxime da [[República da China]] dende a fin da Guerra Civil de [[1949]].

Cunha [[superficie]] aproximada de 9,6 millóns de [[quilómetro cadrado|quilómetros cadrados]], a China é o [[Lista de países por superficie|segundo país máis grande en relación á súa superficie terrestre]] e o terceiro ou cuarto máis grande pola súa [[Lista de países por superficie|superficie total]]. A paisaxe da China é vasta e diversa. Os áridos norte e noroeste, nas proximidades de [[Mongolia]] e [[Asia Central]], están ocupados por estepas forestais e os [[Deserto de Gobi|desertos do Gobi]] e [[Taklamakan]]. O sur, lindando coa rexión do [[Sueste asiático]], é máis húmido e está ocupado por bosques [[Clima subtropical|subtropicais]]. A zona máis occidental é accidentada e moi elevada, coas cordilleiras do [[Himalaias]], [[Karakoram]], [[Cordilleira do Pamir|Pamir]] e [[Tian Shan]] facendo de fronteira natural entre a China e Asia Central e do Sur. A nivel fluvial destacan os [[Río Yangtzé|ríos Yangtzé]] e [[Río Amarelo|Amarelo]], o terceiro e o sexto máis longos do mundo. Ambos nacen na [[Tíbet|meseta do Tíbet]], e flúen cara a [[densidade de poboación|densamente poboada]] costa leste. A liña costeira da China ao longo do [[Océano Pacífico]] é de 14.500 quilómetros e está limitada polos [[Mar de Bohai|mares de Bohai]], [[Mar Amarelo|Amarelo]], [[Mar da China Oriental|Oriental]] e o [[Mar da China Meridional|Meridional]].

A [[Historia da China|antiga civilización chinesa]], unha das máis antigas do mundo, floreceu na fértil conca do [[río Amarelo]]. Durante miles de anos o seu sistema político baseouse en [[monarquía]]s hereditarias, coñecidas como dinastías, sendo a primeira a [[mitoloxía|semimitolóxica]] [[dinastía Xia]] (aprox. [[-2000|2.000 a.C.]]). Dende o ano [[-221|221 a.C.]], cando a [[dinastía Qin]] conquistou varios estados para formar un gran Imperio chinés, o país expandiuse, fracturouse e reformouse en varias ocasións. A última dinastía foi derrocada no ano [[1911]] coa chegada da [[República da China (1912–1949)|República da China]]. En [[1945]], a República conquistou Taiwán ao [[Imperio do Xapón]] trala fin da [[Segunda Guerra Mundial]]. Nos anos [[1946]] a [[1949]] o Partido Comunista derrotou ao nacionalista [[Kuomintang]] na China continental e estableceu en Pequín a República Popular de China o [[1 de outubro]] de [[1949]], mentres que o Kuomintang trasladou o goberno da República de China a [[Taipei]]. A xurisdición da República de China limítase agora a Taiwán e varias illas próximas, incluíndo Penghu, Kinmen e Matsu.

A [[lingua chinesa]] é a lingua máis falada no mundo: arredor dun quinto da poboación mundial fala algunha forma de chinés como lingua nai. A lingua chinesa, na forma de [[chinés mandarín]], é a lingua oficial da República Popular da China, así como de [[Taiwan]]. É ademais unha das linguas oficiais de [[Singapur]] e mais unha das seis linguas oficiais das [[Nacións Unidas]].

China ten fronteiras con 14 países: [[Afganistán]], [[Bután]], [[Myanmar]], [[India]], [[Casaquistán]], [[Quirguisia]], [[Laos]], [[Mongolia]], [[Nepal]], [[Corea do Norte]], [[Paquistán]], [[Rusia]], [[Taxiquistán]] e [[Vietnam]]. As cidades máis importantes son [[Beijing]] ([[Pekín]]), [[Shanghai]], e [[Hong Kong]]. Desde a súa fundación en [[1949]], a RPCh está gobernada polo [[Partido Comunista Chinés]]. Aínda que oficialmente segue a ser un estado comunista, a súa economía vén sendo liberalizada desde hai tres décadas.

== Historia ==
{{AP|Historia da China}}
[[Ficheiro:FraMauroMapChataio.jpg|miniatura|esquerda|250px|Mapa de Frei Mauro (1459).]]
Os descubrimentos arqueolóxicos revelan a presenza de seres humanos no territorio chinés un millón de anos atrás: os antropopitecos "de Yuanmou" e "de lantian". O "[[Home de Pekín]]", verdadeiro [[Homo erectus]], viviu hai uns cincocentos mil anos. Tras do longo proceso da comunidade primitiva cara o século XXI AC, apareceu na historia chinesa o primeiro Estado, e a [[China]] entrou na sociedade escravista coa dinastía [[Xia]]. As dinastías [[Shang]] e [[Zhou]] do Oeste que a seguiron, desenvolveron a escravitude en maior grao. O Período de Primavera e Outono e o dos Reinos Combatentes (é dicir, Zhou do Este) son considerados de transición da sociedade escravista á feudal.

No ano 221 AC, [[Qin Shi Huang]] (259-210 AC) puxo fin ao fraccionalismo característico durante o Período dos Reinos Combatentes e fundou un Estado feudal pluriétnico unitario, co poder centralizado e o primeiro na historia da China: A dinastía Qin. A evolución histórica viu xurdir outras dinastías: Han, Wei, Jin, as do Sur e Norte, Sui, Tang, As Cinco Dinastías, Song, Yuan, Ming e Qing. a China estivo sumida na sociedade feudal ata a [[Guerra do Opio]] no [[1840]]. En 1911 unha explosión revolucionaria acabou co imperio e proclamou a república pero só serviu para agravar a situación e por todo o país xurdiron señores da guerra que gobernaban o territorio que controlaban con mentalidade feudal metidos en frecuentes guerras entre eles, isto foi o xermolo dun movemento de carácter rexenerador que xurdiu a partir de 1919 entre os estudantes e as clases medias das grandes cidades que buscaban devolver a China a súa dignidade nacional e occidentar o país, politicamente expresouse en dúas organizacións, o Kuomintang de ideoloxía democrática e nacionalista e o Partido Comunista que se aliaron en 1923 formando un exército que volveu unificar a China.

Logo da [[Segunda Guerra Mundial]], a Guerra Civil chinesa entre o partido comunista da China e o [[Kuomintang]] rematou en [[1949]] cos comunistas co control da terra central da China e o Kuomintang co control de [[Taiwán]] e algunhas illas de [[Fujian]]. O [[10 de outubro]] de [[1949]], [[Mao Zedong]] declarou a República Popular da China e estableceu un estado [[comunista]]. Á vez de asegurar a soberanía Chinesa, a administración de Mao impuxo controis estritos sobre a vida diaria e os custos da vida de decenas de millóns de persoas mediante políticas desastrosas como o [[gran salto adiante]] e a [[revolución cultural]].

Tras a morte de Mao, [[Deng Xiaoping]] sucedeuno no poder e a terra central Chinesa mantívose debaixo do poder do comunismo.

Dende os [[anos 1960]] o país posúe [[Bomba atómica|armas nucleares]].

== Organización político-administrativa ==
{{VT|Subdivisións da República Popular China}}

== Xeografía ==
[[Ficheiro:China 100.78713E 35.63718N.jpg|miniatura|dereita|250px|Imaxe satélite 2005.]]
O país é o cuarto máis grande do mundo, contendo unha grande variedade de paisaxes diferentes. No leste, ao longo da costa do [[Mar Amarelo]] e do [[Mar da China Oriental]], hai chairas aluviais densamente poboadas. As costas do [[Mar da China Meridional]] é máis montañoso e no sul da China prevalece unha orografía de outeiros e pequenas cordilleiras. Na zona centro do leste están os deltas dos dous maiores ríos: o [[Río Amarelo|Huang He]] e o [[Río Yangtzé|Chang Jiang]]. Outros ríos importantes son o [[Xi Jiang]], o [[Río Mekong|Mekong]], o [[Brahmaputra]] e o [[Río Amur|Amur]].

Ao oeste, predominan as grandes cordilleiras, sobre todo o [[Himalaia]] coa súa maior altitude no [[Everest|Monte Everest]], e altiplanicies que caracterizan a maior parte dunha paisaxe árida con desertos coma o Deserto do [[Gobi]]. Debido á seca e a prácticas agrícolas prexudiciais, as tormentas de area convertéronse en habituais na primavera. O deserto do Gobi estendeuse e é o principal responsábel destas tormentas que afectan ao noreste chinés así como [[Corea]] e [[Xapón]].

== Cultura ==
=== Literatura ===
* [[Ba Jin]]: novelista, un dos escritores máis lidos de China.
* [[Gao Xingjian]]: novelista e dramaturgo, nacionalizado [[Francia|francés]]. Premio Nobel de Literatura no ano [[2000]].
* [[O soño da cámara vermella]]: a máis importante das novelas clásicas chinesas.

== Economía ==
[[Ficheiro:China fuels 1983.jpg|miniatura|dereita|250px|Mapa de produción de petróleo e minerais.]]
Cun crecemento oficial do 7-8% anual, a economía chinesa está considerada como unha das de maior crecemento do planeta, mantendo esta taxa desde os [[Anos 1980]].

As facilidades do goberno para o investimento estranxeiro levaron á creación de zonas económicas especiais na zona costeira, convertendo a China nunha das maiores potencias manufacturadoras do mundo, sobre todo no sector da produción de electrodomésticos, debido so baixo custo da man de obra (un traballador chinés ten uns ingresos inferiores á metade dun mexicano).

Isto levou a que o interior do país siga nunhas condicións terceiromundistas, mentres as provincias costeiras e, sobre todo, as cidades teñen a segunda maior clase media do planeta.

== Demografía ==
Cunha poboación de preto de 1.300 millóns de habitantes (no [[2003]]), é o país máis poboado da Terra (22% da poboación do planeta).

A República Popular considérase a si mesma unha nación multiétnica, cuns 56 grupos recoñecidos. O 91,59% son Han, mais só son maioritarios na metade do país. Entre as grandes minorías étnicas inclúense os [[zhuang (etnia)|zhuang]] (16 millóns), [[manchús]] (10 millóns), [[hui]] ( 9 millóns), [[miao]] (8 millóns), [[uigur]]es (7 millóns), [[yi]] (7 millóns), [[tujia]] (5,75 millóns), [[mongois]] (5 millóns), [[tibetanos]] (5 millóns), [[buyei]] (3 millóns) e [[coreanos]] (2 millóns).<ref>Stein, Justin J (primavera de 2003). [http://www.princeton.edu/~jpia/pdf2003/Ch%208%20Xinjiang-Stein-JPIA%202003.pdf Taking the Deliberative in China]. Consulta do 16-4-2006.</ref>

Nunha tentativa de limitar a súa poboación no territorio habitado polos Han, adoptouse unha política que limita as familias urbanas a un só fillo e as rurais a dous cando o primeiro é nena. Debido a que os nenos son considerados economicamente máis útiles nas áreas rurais, existe un alto índice de abortos e de abandono de recén nacidas, para tentar asegurar que o segundo neno sexa home.
Isto dá como resultado unha proporción entre sexos de 115 nenos nacidos por cada 100 nenas, o cal é todo o contrario ao índice natural, aínda que é comparábel co que sucede en [[Corea do Sur]]. Isto levou ás autoridades a enfatizar a importancia da muller e chegouse a prohibir a utilización de métodos médicos para predicir o sexo do feto.

Cun incremento duns 10 millóns de habitantes anuais, estímase que no [[2043]] terá uns 1.550 millóns de poboadores.

Poboación total: 1.295,33 millóns de habitantes
Poboación urbana: 455,94 millóns de persoas (36.09%)
Poboación rural: 807,39 millóns de persoas (63.91%)
Taxa de Crecemento Demográfico Natural: 1.07%
(Axencia de Noticias Xinhua da china, 2005)

== Mapas e imaxes ==
<gallery>
Ficheiro:Map of China (physical).png|Mapa físico
Ficheiro:ChinaGeography.png|Mapa xeográfico
Ficheiro:China topo.png|Mapa topográfico
Ficheiro:Regiones de China.PNG|Rexións
Ficheiro:China relief 2001.jpg|Zonas administrativas
Ficheiro:China ethnolinguistic 1967.jpg|Mapa etnolingüístico
Ficheiro:China agricultural 1986.jpg|Agricultura
Ficheiro:China precipitation.jpg|Precipitacións
</gallery>

== Notas ==
{{Listaref}}

== Véxase tamén ==
=== Ligazóns externas ===
{{Commonscat|China}}
* [http://spanish.china.org.cn/ Páxina web oficial de informacións de China]
* [http://www.todachina.com/ TodaChina.com] Portal de novas sobre China.
* [http://spanish.peopledaily.com.cn/ Pobo en liña] Edición en castelá de este diario.
* [http://www.mdbg.net/chindict/chindict.php?page=worddictbasic Dicionario Inglés-Chino, Chino-Inglés: MDBG]

{{Asia}}

[[Categoría:China]]
[[Categoría:Países de Asia]]
[[Categoría:Artigos que toda Wikipedia debería ter (Historia e xeografía)]]

aqui estan los inveciles del mundo
{{Ligazón AD|ar}}
{{Link FA|eu}}
{{Link FA|sco}}
{{Link FA|vi}}
{{Link GA|de}}
{{Link GA|en}}