Pont du Gard: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xqbot (conversa | contribucións)
m Bot: "en:Pont du Gard" é un artigo bo; cambios estética
lig int
Liña 5:
}}
 
A '''Pont du Gard''' ou '''Ponte do Gard''' é unha parte dun acueduto romano de tres corpos de altura, situado no Sursur dade [[Francia - France|Francia]], preto de [[Remoulins]], no [[Departamentos franceses|departamento]] de [[Gard]]. Atravesa o [[río Gard]]. Constituído por tres arcadas, a súa estrutura, a xeito de ponte, ten 49 metros de altura e 275 metros de lonxitude. En [[1985]] foi proclamado [[Patrimonio da Humanidade]] pola [[UNESCO]].
 
== Historia ==
Liña 14:
As fontes de auga está só a 12 m por enriba do nivel dos depósitos da cidade de Nîmes. Os enxeñeiros romanos tiveron que facer gala dunha gran precisión para lograr que a auga chegase por gravidade ata a cidade. O acueduto enteiro ten unha [[pendente]] de 34 cm por km, é dicir 1/3.000, o que constitúe un esforzo técnico máis que notábel. Ten un trazado sinuoso para aproveitar ao máximo o relevo (a vóo de paxaro [[Uzès]] está a só 20 km de [[Nîmes]]). A ponte foi construída para que a auga poidese atravesar o val do río Gard, transportando 20.000 metros cúbicos de auga por día ata Nîmes. A auga tardaba unha xornada en chegar desde as fontes do río Eure, perto de Uzès, ata a obra de reparto, aínda visíbel na rúa de La Lampèze en Nîmes, denominada o ''[[Castellum]]'' (que era o nome latino de tales obras). Nemausus-Nîmes estaba ben provista de auga, mercé a diversos pozos e máis un manacial próximo, de xeito que o acueduto non era vital, senón unha construción prestixiosa, destinada ao subministro das [[Termas romanas|termas]], baños e outras fontes cidadás.
 
Foi construído por enteiro sen auxilio de [[morteiro]], mais os bloques pétreos - algúns de seis toneladas de peso - están sostidos con pezas de ferro. Son de pedra calcárea, obtidos dunha pedreira situada a menos de 1 km do monumento. Os [[perpiaño]]s eran erguidos por medio dunha roda, movida polos obreiros, que fornecía a potencia necesaria a unha [[cabria]]. Para soster a ponte foi precisa unha [[andamio|andamiaxe]] complexa, da que fican trazas na fachada da ponte como sinais de apoios e arestas saíntes nas pilastras. Suponse que a contrución debeu durar tres anos, empregándose entre 800 e 1.000 obreiros no obradoiro.
 
O [[mestre de obra]]s, descoñecido, debeu ser un extraordinario enxeñeiro. A Pont du Gard presenta, de feito, unha característica única na Antigüidade: cada unha das grandes bóvedas resulta da xustaposición de varias bóvedas independentes (catro no corpo inferior e tres no segundo), o que outorga ao conxunto a capacidade de adaptarse a lixeiros movementos e deterioros, inevitábeles co paso de tempo. Xunto aos excelentes fundamentos da obra e da construción, de seguro permitiron resistir o paso dos séculos á Pont du Gard. Esa partición da bóveda á xeito de [[anel|aneis]] independentes non se atopa máis que na zona de Narbona: pontes romanas de Sommières, Boisseron, Ambrussum, Nages e Solorgues.