Pascual Madoz: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
lig ints
Liña 3:
'''Pascual Madoz Ibáñez''', nado en [[Pamplona]] o [[17 de maio]] de [[1806]] e finado en [[Xénova]] o [[13 de decembro]] de [[1870]], foi un [[político]] [[España|español]].
 
==BiografíaTraxectoria==
Estuda nos [[escolapio]]s de [[Barbastro]] e, posteriormente, [[Dereito]] na [[Universidade de Zaragoza]]. Exiliado en [[Francia - France|Francia]] entre [[1830]] e [[1832]], dedicouse en [[París]] e en [[Tours]] ao estudo da [[Xeografía]] e da [[estatística]]. Puido volver a España tras a [[amnistía]] decretada pola raíña [[María Cristina de Borbón]], fixando a súa residencia en [[Barcelona]], onde, a inicios de [[1833]], xa estaba a fronte das oficinas do ''[[Diccionario geográfico universal]]'' (Barcelona, 1829–1834), que estaba a se publicar. Licenciado en Dereito en [[1834]], ese ano concibe xa un plano para crear un ''[[Diccionario geográfico-estadístico-histórico de España y sus posesiones de Ultramar]]'', que lograría ver culminado en [[1850]].
 
Púxose á fronte en 1843 dunha coalición progresista de oposición a [[Baldomero Espartero|Espartero]]. Tras a [[Vicalvarada]] de [[1854]], o [[9 de agosto]] foi nomeado gobernador de Barcelona. Volveu logo ao seu escano de [[deputado]]; presidiu as [[Cortes Xerais|Cortes]], e o [[21 de xaneiro]] de [[1855]] confióuselle o [[Ministerio de Economía e Competitividade de España|Ministerio de Facenda]]. Nesta ocasión presentou o famoso proxecto de [[Desamortización|lei de Desamortización]], que conseguiu ver aprobada.
 
Tras a [[revolución de 1868]] (a «Gloriosa») foi gobernador de Madrid, cargo ao que tamén renunciou ao pouco tempo. Formou parte da oposición ao goberno provisorio, e despois de votar a candidatura de [[Amadeo I de España|Amadeo de Savoia]] para o vacante trono de España, formou parte da legación enviada a [[Florencia - Firenze|Florencia]] para ofrecerlle a ese príncipe a coroa, mais finou en [[Xénova]] repentinamente.
 
{{start box}}