Grace Kelly: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
lig int
Liña 1:
[[Ficheiro:Mogambo3.jpg|miniatura|250px|Grace Kelly en ''Mogambo''.]]
 
'''Grace Patricia Kelly''', nada en [[Filadelfia]] ([[Pensilvania]]) o [[12 de novembro]] de [[1929]] e finada en [[Mónaco]] o [[14 de setembro]] de [[1982]], foi unha das máis importantes actrices de [[Hollywood]] dosda anosdécada 50de 1950, musa do director [[Alfred Hitchcock]] e esposa do príncipe [[Rainiero III de Mónaco]].
 
== Traxectoria ==
Naceu nunha familia católica de orixe irlandesa. Aínda que a súa familia se opuxo a que fose actriz chegou a cumprir o soño que albergaba dende que era cativa. Foi a [[Nova York]] onde traballou de modelo e estudou interpretación na Academia Nacional de Arte Dramática.
 
En 1949 conseguiu o seu primeiro papel na zona de teatros máis prestixiosa de Nova York. Traballou na televisión, pero decidiu marchar aos [[Os Ánxeles - Los Angeles|Ánxeles]] e probar sorte no cine. En [[1951]], aos 22 anos realizou a súa primeira película chamada ''Catorce horas'' cun papel secundario. A súa elegancia e delicada beleza chamaron a atención en Hollywood, de maneira que nos anos seguintes ofrecéuselle un papel principal no wéstern ''Só ante o perigo'', xunto a outra celebridade, [[Gary Cooper]].
 
A súa seguinte película foi ''Mogambo'', xunto a [[Clark Gable]] e [[Ava Gardner]], pola cal foi candidata ao [[Óscar]] como mellor actriz de reparto. Na súa curta carreira cinematográfica, Grace foi unha das actrices preferidas de Alfred Hitchcock, con que traballou en tres películas máis; ''Crime perfecto'' con [[Ray Milland]], ''[[A ventá indiscreta]]'' con [[James Stewart]], e ''Atrapa a un ladrón'', con [[Cary Grant]]. Esta última feita en Mónaco, onde a actriz coñeceu ao seu futuro esposo, o príncipe Rainiero. Tamén traballou ao lado do Sir [[Alec Guinness]] na película ''O cisne''.