Transposón: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 22:
 
=== Clase II: Transposóns de ADN ===
A maior diferencia entre os transposóns de Clase II e os retrotransposóns é que nestes o mecanismo de transposición non implica un intermediario de ARN. Os transposóns de ADN móvense normalmente por un mecanismo de "corte e pega" no canto do de "copia e pega", utilizando a enzima transposase. Hai varios tipos de transposase que funcionan de xeito diferente. Algúns únense a calquera lugar do DNA, facendo que a diana poida estar en calquera lugar, mentres que outros únense a secuencias específicas. A transposase fai un corte asimétrico, xerando extremos pegañentos, corta o transposón e pégao no sitio diana. Unha [[polimerase]] amaña os saltos resultantes dos extremos pegañentos, e unha [[ligase]] pecha a cadea de glicofosfato do DNA. Así xéranse uns lugares de [[duplicación xénica|duplicación]] e inserción de transposóns de ADN que poden identificarse polas curtas repeticións (o corte asimétrico pechado pola polimerase), seguidos das repeticións invertidas (importantes no mecanismo de excisión pola transposase).
 
Non tódolos transposóns de ADN se traspoñen mediante un mecanismo de corta e pega. Nalgúns casos aparece [[transposición replicativa]], na que os transposóns se autorreplican nun lugar diana.