Formoso, papa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m *voltar -> volver
lig int
Liña 1:
{{PapS-IX}}
[[Ficheiro:Jean_Paul_Laurens_Le_Pape_Formose_et_Etienne_VII_1870.jpg|miniatura|esquerda]]
'''Formoso''' (morto en [[Roma]] o [[4 de abril]] de [[896]]) foi Papa desde o [[891]] ata a súa morte.
 
'''Formoso''', (mortonado probablemente en [[Roma]] cara ao 816 e finado nesa cidade o [[4 de abril]] de [[896]]), foi Papa desde o [[891]] ata a súa morte.
Naceu arredor do 816, probabelmente en Roma. Converteuse en Bispo-Cardeal de Porto no 864. Emprendeu misións diplomáticas en [[Bulgaria]] (866) e máis en [[Francia - France|Francia]] (869 e 872), onde persuadiu a [[Carlos o Calvo]], rei de Francia, para que fose coroado polo Papa.
 
==Traxectoria==
Naceu arredor do 816, probabelmente en Roma. Converteuse en Bispo-Cardeal de Porto no 864. Emprendeu misións diplomáticas en [[Bulgaria]] (866) e máis en [[Francia - France|Francia]] (869 e 872), onde persuadiu a [[Carlos o Calvo]], rei de Francia, para que fose coroado polo Papa.
 
Desde 872 foi candidato ao trono pontificio. Mais ese ano mesmo, Roma e a corte do papa [[Xoán VIII, papa|Xoán VIII]] creáronlle complicacións políticas. Xoán VIII convocou un sínodo, séndolle dada orde a Formoso orde de presentarse so pena de excomuñón, baixo a acusación de ter aspirado ao arcebispado de Bulgaria e á cátedra de San Pedro, de terse oposto ao Emperador, de abandonar a súa diocese sen autorización papal, de despoxar os mosteiros de Roma, de celebrar o servizo divino a pesar dunha prohibición que pesaba sobre de el, e mesmo de ter conspirado con certas personaxes para destruír a sé pontificia. A sentenza de excomuñón contra Formoso e outros foi promulgada en xullo de [[872]]. Seis anos logo, en [[878]], foille levantada, despois de que prometera que non había volver nunca a Roma, nin exercer funcións sacerdotais.
O papa Mariño I, que sucedeu a Xoán VIII en 883 tornoulle a súa diocese de Porto. Logo dos pontificados de Mariño, Hadriano III (884-885) e de Estevo V (885-891), Formoso foi elixido papa o [[6 de outubro]] de [[891]].
 
Foi obrigado a coroar como Emperador ao duque [[Guido II de Spoleto]] en abril de 892, atopándose enleado en un bo número de problemas ben difíciles: o patriarca [[Focio]], en [[Constantinopla]], demitira antes de que Estevo, fillo do Emperador Basilio I, tomase o poder. Os arcebispos de [[Hamburgo]] e [[Colonia, - KölnAlemaña|Colonia]] disputaban polo bispado de [[Bremen]]. Eudes, conde de París, e Carlos o Simple, pelexaban na Francia pola coroa. Formoso convenceu a [[Arnulfo de Carintia]] para que fose a Roma e liberase Italia. No 894, Arnulfo conquistou todo o país ao Norte do río Po. Guido morreu en decembro, deixando seu fillo Lamberto, ao coidado da súa mai Agiltrude, contraria aos Carolinxios. En outubro de 895, Arnulfo emprendeu a súa segunda campaña en [[Italia]] e no 896 era coroado polo papa en Roma. O novo Emperador marchou sobre [[Spoleto]], mais enfermo de parálise no camiño, quedou impedido para continuar a campaña iniciada.
 
O [[4 de abril]] do [[896]], Formoso faleceu. Sucedérono os papas [[Bonifacio VI, papa|Bonifacio VI]] e [[Estevo VI, papa|Estevo VI]]. Este último so influencia de Lamberto e Agiltrude, montou un xuízo contra Formoso en 897, o coñecido como ''concilio cadavérico''. O seu cadáver foi exhumado, revestido das roupas e ornamentos pontificios, e foi sentado sobre un trono, para que se enfrontase a todas as acusacións que noutrora lle levantara Xoán VIII. O veredicto foi que o defunto non era digno do pontificado. Foron anuladas todos os actos e medidas que adoptara e as ordes que conferira el, como papa, declaradas inválidas. Fóronlle arrincados vestidos e ornamentos pontificios, os tres dedos da súa man dereita, que empregara nas consagracións, fóronlle cortados e, por último, o seu cadáver foi botado no [[río Tíber]]. Sería atopado entre redes de pescadores e, así que faleceu Estevo VI, os restos serían inhumados de novo na basílica de San Pedro, ao tempo que se prohibía tentar no futuro procesos contra defuntos.
 
O papa [[Serxio III, papa|Serxio III]] (904-911) confirmou, porén, máis tarde as condenas contra Formoso, e esixíu unha nova consagración dos bispos que el designara. Isto dou lugar a unha grande confusión. Aínda máis tarde a validez das consagración de Formoso foi recoñecida de novo e a decisión adoptada por Serxio condenada pola Igrexa, que á inversa, pasou a ser considerado un gran pecador e culpábel de varios asasinatos.