Linguas goidélicas: Diferenzas entre revisións
Contido eliminado Contido engadido
mSen resumo de edición |
|||
Liña 64:
En [[Canadá]], só os [[escoceses]] das Highlands e os [[galeses]] fundaron comunidades onde a súa lingua materna deu sobrevivido ata os nosos días. Atópanse comunidades gaélicas escocesas na [[illa de Cap-Breton]] e en tres condados do leste de [[Nova Escocia]] ([[Guysborough]], [[Pictou]] e [[Antigonish]]), na [[Illa do Príncipe Eduardo]], no val de [[Codroy]] no suroeste de [[Terranova]], no condado de [[Compton]] no [[Quebec]], no sur do [[Ontario]] (os condados de [[Stormont]], de [[Dundas]] e de [[Glengarry]] ao sueste de [[Otava - Ottawa|Otava]], e no condado de Middlesex ao oeste de London), así como nunha e outra parte da fronteira entre o [[Manitoba]] e o [[Saskatchewan]].
== Trazos distintivos das linguas britónicas fronte ás linguas goidélicas ==
Un trazo lingüístico permite distinguir as linguas britónicas das linguas goidélicas: hai unha alternancia entre o fonema «k» ([[celta Q]]) particular ao goidélico e os fonemas «p» ou «b» que lles corresponden en britónico ([[celta P]]). Nótase ademais que, nas [[linguas itálicas]], curmáns das linguas célticas, o [[latín]] é unha lingua con «k» e o [[lingua osca|osco]] unha lingua con fonema «p» (comparar ''quinque'' e ''Pompeï'').
==Algunhas expresións e palabras gaélicas==
|