Niccolò Machiavelli: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Esta é unha edición pequena
Liña 30:
== Traxectoria ==
É o fundador do pensamento político moderno. Traballou como funcionario público da [[república]] florentina a partir de [[1498]]. Coa fin da república ([[1512]]), Maquiavelo perde os cargos e é exilado. Entre as súas obras, sobresaen: ''O Príncipe'' (escrito durante o período do exilio), ''Historias florentinas'', ''Os sete libros da arte da guerra'', e outros traballos literarios.
===Carreira e influeciainfluencia===
A invasión de [[Carlos VIII]] en [[1494]] deu inicio a un período turbulento na historia de Italia, que entón se dividía en cinco poderes diferentes: Florencia,Milán,Venecia e Nápoles. Varias potencias estranxeiras, sobre todo Francia, España e o Sacro Imperio Romano, disputábanse o país. Florencia era militarmente inferior a estes exércitos, o que levou a Machiavelli a pasar catorce anos viaxando en misión diplomática a varias cidades nun intento por manter a flote á atribulada [[república]].
No transcurso das súas actividades diplomáticas,Machiavelli coñeceu a [[César Borgia]], fillo ilexítimo do papa [[Alejandro VI]].O papa era unha figura importante no norte de Italia e supoñía unha ameaza importante para [[Florencia]].Aínda que César era inimigo de Florencia e Machiavelli defensor dunha postura republicana, este último quedou impresionado por fortaleza,intelixencia e capacidade do primeiro. Neste personaxe vemos unha das fontes para a coñecida obra de Machiavelli,[[O Príncipe]]. Alejandro VI faleceu en 1503, e o seu sucesor, o papa [[Xullo II]], foi outro home forte e exitoso que impresionou a Machiavelli,tanto pola súa capacidade militar coma pola súa astucia. Sen embargo,a tensión entre Francia e o papado levou a Florencia a aliarse cos franceses en contra do papa e os seus aliados españois. Os franceses perderon,e Florencia con eles. En [[1512]],España disolveu o goberno da cidade-estado e os [[Médici]] regresaron e instalaron o que foi unha tranía de facto baixo o cardeal Médici. Machiavelli foi revelado do seu cargo político e exiliouse á súa granxa de Florencia. A súa carreira política podería ter rexurdido cos Médici, pero implicóuselle falsamente nun complot contra a familia, polo que foi torturado, multado e encarcerado. Foi liberado ao cabo dun mes, pero as posibilidades de que volvesen empregalo eran moi escasas e os seus intentos por encontrar un novo cargo político foron infrutuosos. Decidiu entón agasallar a [[Giuliano]], cabeza da familia Médici en Florencia, cun libro. Cando o rematou, Giuliano xa morrera, polo que Machiavelli cambiou a dedicatoria ao seu sucesor, Lorenzo. A temática do libro era moi habitual na época: consellos a un príncipe.