El Emigrado: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xas (conversa | contribucións)
recat
Xas (conversa | contribucións)
m datiño
Liña 3:
 
==Características==
Subtitulado ''Órgano de las sociedades de emigrados y agricultores del municipio de A Estrada y patrocinado por la Sociedad Hijos de La Estrada, de Cuba'', apareceu o [[15 de setembro]] de [[1920]]. En [[1930]] cambiou a súa cabeceira pola de ''Periódico galeguista''. Foi dirixido inicialmente por [[Xosé Otero Abelleira]], e despois por [[José Fernández da Ponte]] (1932-1933), [[José María Sánchez Brea]] (1933-1935) e [[Manuel Durán]], que tivo que abandonar a redacción en [[1936]] polo inicio da Guerra Civil. A partir dese momento, a orientación ideolóxica dos seus contidos variou.
 
Nos seus comezos foi unha publicación de tendencia anticaciquil, que incluíu artigos de apoio á autonomía de Galicia, ao Estatuto e á Irmandade Nazonalista Galega. Contaba tamén cunha sección literaria na que se recolleu poesía e recensións de libros. Entre os seus colaboradores hai que salientar a [[Manuel García Barros]] que comezou a publicar nel os seus ''Contiños da Terra''.