Cultura de Galicia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
lig int
Liña 2:
A '''Cultura de Galicia''' ten a súa orixe na [[Megalitismo en Galicia|cultura megalítica da fachada atlántica europea]] e na [[cultura castrexa]]. Os primeiros poboadores de Galicia son os nativos [[oestrimnios]] e outros pobos de orixe [[pobos indoeuropeos|indoeuropea]]. A fusión destes pobos no noroeste peninsular dará lugar á [[cultura dos castros]] entre o [[macizo Galaico]] e o [[río Douro]], cultura na que deixaron a súa impronta tamén os [[Imperio Romano|romanos]]. Aínda hoxe é tema de discusión a pegada celta na cultura galega, hai trazos célticos de importancia, como influencias na cultura material, na toponimia, nos mitos relixiosos e tradicións e posiblemente a lingua falada en todo o territorio galaico antes da romanización fose celta: Higinio Martins aborda o tema en profundidade no seu libro "As tribos Calaicas".
 
Posteriormente, Galicia será invadida por varias vagas xermánicas. Nun primeiro momento os [[suevos]] farán de Galicia o primeiro reino independente de [[Europa]], máis adiante, este reino será anexionado polos [[visigodos]]. Galicia recibirá tamén, no transcorrer da súa historia, a [[viquingo]]s, [[bretóns]] e [[fenicios]].
 
Coa chegada dos musulmáns á Península Ibérica, mediante incursións bélicas dúas cidades galegas serán atacadas: [[Santiago de Compostela]] e [[Lugo]]. O reparto do antigo [[reino Visigodo]], que se fai entre [[ Pobo árabe|árabe]]s, [[Siria - سورية|sirio]]s e [[bérber]]es, dálle a estes últimos a franxa noroeste. As condicións climáticas incomodan a este pobo, procedente do [[Magreb]] máis caucásico, así que deciden non asentarse, convertendo a Galicia en territorio fronteira con Al-Ándalus, onde o [[cristianismo]] faise un trazo diferenciador que dá forzas á [[reconquista]].
 
Galicia, ao igual ca outros territorios da [[Península Ibérica]], tamén chegaría a ter nalgunhas cidades unha importante comunidade [[xudeu|xudía]], principalmente na zona de [[Ribadavia]] e [[Ourense]]. Tamén cabe destacar na cultura galega a influencia cultural chegada dende as [[Illas Británicas]] e dende o centro de Europa, grazas ao [[camiño de Santiago]].