Diferenzas entre revisións de «Fresco»

lig int
m (Bot: Retiro 53 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q134194)
(lig int)
[[Ficheiro:SixtinaFrescoCreacion.jpeg|miniatura|dereita|A [[Capela Sistina]], no [[Cidade do Vaticano - Civitas Vaticana|Vaticano.]] Frescos de [[Michelangelo Buonarroti]] (1508-1512).]]
En pintura, '''fresco''' aplícase á pintura realizada sobre un muro con [[revoque]] de [[cal]] húmida e coas cores disoltas en auga de cal.
 
O tempo que tarda en secar unha sección varía entre dúas e doce horas e coñécese como ''giornata'', durante a que o artista aplica os pigmentos en po que vai disolvendo na auga de cal. Esta faise con cal ([[óxido de calcio]]) e un agregado de [[mármore]] ou [[area]] (para dar textura e forza, e homoxeneizar o secado). Aplícanse varias camadas durante varios días, cada vez con menos agregado.
 
[[Ficheiro:MondonhedoCatedralSanPedro.jpeg|miniatura|dereita|Frescos na Catedral de [[Mondoñedo]] ([[século XIV]]).]]
 
O deseño trazábase antigamente sobre a parede fresca; na [[Italia]] [[Renacemento|renacentista]] introducíronse os cartóns, desde os que o deseño se transfería á parede mediante punzóns ou, estando o cartón perforado, usando carbón; actualmente úsanse tamén proxectores de diapositivas.