Diferenzas entre revisións de «Sancho Ramírez de Aragón»

lig int
(lig int)
Fillo de [[Ramiro I de Aragón|Ramiro I]] e [[Ermesinda de Foix]]. casou en primeiras nupcias, posíbelmente en 1065, con [[Isabel de Urgell]] da que nacería o futuro rei [[Pedro I de Aragón|Pedro I]].
 
Sucedeu ao seu pai á idade de 18 anos. Tomou [[Barbastro, (Huesca)|Barbastro]] aos musulmáns, en [[1064]], en unión con [[Ermengol III de Urgel|Armengol III]], [[Condado de Urgell|conde de Urgell]], que morreu na liorta, aínda que ao ano seguinte, [[Al-Muqtadir]], rei da [[taifa de Zaragoza]], reaccionou solicitando a axuda de todo [[Al-Andalus]], chamando á súa vez á [[xihad]] e volvendo recuperar Barbastro en [[1065]]. Hai que recordar que Barbastro era capital do distrito nordés do [[reino de Zaragoza]], e chave da rica veiga do [[río Cinca|Cinca]], ademais de sede dun importante mercado.
 
En [[1068]] Sancho Ramírez viaxa a [[Roma]] para consolidar o novo Reino de Aragón ofrecéndose en vasaiaxe ao [[Papa]]. Este vínculo está documentado ata na contía do tributo de 600 marcos de ouro ao ano que debía pagar ao [[Cidade do Vaticano - Civitas Vaticana|Estado Pontificio]] o [[Reino de Aragón]]. Aduciuse unha posible relación desta relación feudo-vasaiática coas armas de liñaxe e a cor dos fíos das cintas de lemnisco das que pendían os selos papais co emblema de paus ouro e goles que constituirá, a partir de [[Afonso II de Aragón|Afonso II]], o sinal real do rei de Aragón.
 
O rei de Navarra, [[Sancho Garcés IV de Navarra|Sancho Garcés]], primo de Sancho Ramírez, foi asasinado polo seu propio irmán Ramón, que nunha partida de caza precipitouno dunha elevada roca. Os navarros, non querendo ser gobernados polo fratricida, elixiron polo seu rei a Sancho Ramírez, o cal incorporou a coroa de Pamplona á de Aragón.
 
==Fillos==
 
Casou en primeiras nupcias, posiblemente en 1065, con [[Isabel de Urgell]], filla do conde [[Ermengol III de Urgel|Armengol III de Urgell]]. Divorciouse dela en 1071. Desta unión naceu:
* [[Pedro I de Aragón|Pedro I Sánchez]] "o Católico" (n.1070–†1104), rei de Pamplona e Aragón en 1094-1104.