A faloteca islandesa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
engado ligazón
lig ints
Liña 1:
[[Ficheiro:Sigurður Hjartarson.jpg|miniatura|dereita|Sigurður Hjartarson, fundador da faloteca.]]
'''A faloteca islandesa''' atópase en [[Húsavík]], ao norte de [[Islandia]]. Caracterízase por posuír a máis extensa colección de [[pene|penes]] de diferentes especies e tamaños.
 
==Historia e características==
[[Sigurður Hjartarson]], que fora profesor de Historia nun instituto de [[ReykjavíkReiquiavik]], foi o fundador da faloteca en [[1974]], e hoxe é o director do museo.
 
En xullo do 2006 o museo tiña uns 245 exemplares expostos, tanto como trofeos de [[caza deportiva|caza]], embalsamados, en [[formol]] ou desecados. O obxectivo do [[museo]] é ter os penes de todas as especies de [[mamífero|mamíferos]]s en Islandia<ref>Tamén exhibe algúns exemplares de penes de mamíferos que non viven en Islandia.</ref>, mesmo os de diferentes especies que se atopan en perigo de extinción no devandito país.
 
A pesar de que o museo aínda non ten un exemplar de pene de ''[[Homo sapiens]]'', debido ao interese polo avance do coñecemento falolóxico, un mecenas chamado Páll Arason, nado en 1915 e actualmente de 94 anos de idade, asinou unha acta notarial para a doazón póstuma do seu pene.