Galipedia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Stryn (conversa | contribucións)
m Desfixéronse as edicións de 81.39.252.235 (conversa); cambiado á última versión feita por Estevoaei
pene retrasado y agilipollado de plastico
Etiquetas: artigo novo moi curto Edición visual
Liña 1:
[[Ficheiro:Wikipedia-logo-v2-gl.png|miniatura|dereita|Logotipo da Galipedia.]]
A '''Galipedia''' é o nome co que se coñece a [[Wikipedia]] en [[lingua galega|galego]]. Botou a andar o [[8 de marzo]] de [[2003]]<ref>[//gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Wikipedia:Portada/Arquivo/Portada_2005&dir=prev&action=history Historial da primeira portada da Galipedia].</ref> e ten agora mesmo '''{{NUMBEROFARTICLES}}''' artigos, superando os 100.000 o [[4 de marzo]] de [[2013]], catro días antes do décimo aniversario. Para unha relación cronolóxica dos acontecementos da Galipedia pode consultarse o apartado [[Wikipedia:Actualidade|Actualidade]]. Existen tamén diversas páxinas de estatística, entre as que figuran [[Especial:Estatísticas]] e [[Wikipedia:Estatísticas]].
 
== ==[[Categoría:Wikipedias por lingua]]
== Traxectoria ==
[[Ficheiro:Galipedia.pdf|miniatura|dereita|Manual de colaboración ([[PDF]]).]]
=== Historia ===
A [[Wikipedia]] en [[Lingua galega|galego]] apareceu o 8 de marzo de 2003. Nese mesmo día, rexistrouse o usuario máis antigo, [[Usuario:ILVI|ILVI]]. Axiña comezou a traballar na que sería a <span class="plainlinks">[//gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Wikipedia:Portada/Arquivo/Portada_2005&oldid=241 primeira versión da Portada]</span>. E non sería até catro días despois cando creou o primeiro artigo da base de datos: [[Wikipedia:Ou|ou]]. Logo seguiría con outras entradas como [[cal]], [[Ciencias naturais|ciencias experimentais]], [[ciencias humanas]], [[ciencias ocultas]], [[ciencias aplicadas]] e [[Botánica|botánico]].
 
Meses despois rexistrouse [[Usuario:Agremon|Agremon]] e converteuse no primeiro [[Wikipedia:Administradores|administrador]] galego da Wikipedia en galego. El mesmo emprega por vez primeira o termo Galipedia para referirse amigablemente ao proxecto, que aínda contaba con menos dun ano de existencia. Aos poucos, mentres tanto, a Galipedia vai sendo citada por algunhas páxinas web de xornais e outras entidades, que se interesan polo labor realizado nela.
 
===Características===
Trátase dunha [[enciclopedia]] colaborativa en [[lingua galega]] aberta ás achegas de todo o mundo, con aceptación das diversas correntes de pensamento, sempre que estas non sexan agresivas coas demais. Canto ao contido, está aberta a todos os temas, dende o [[deporte]] ou a [[gastronomía]] de cada país até as biografías dos persoeiros da [[física]], a [[astronomía]], a [[lingüística]] ou a [[Reino de Galicia|Historia do Reino de Galicia]], por exemplo.
 
Dous puntos que a separan das enciclopedias ao uso son por unha banda un crecemento desorbitado e pola outra a súa capacidade para chuchar información e adaptala de maneira practicamente inmediata. Así, por exemplo, os obituarios ou as novas consideradas transcendentes e de carácter enciclopédico, en moitas ocasións, pasan a formar parte da Galipedia en cuestión de horas ou mesmo de minutos. Así mesmo, isto é posíbel grazas ao contacto co resto de wikipedias (máis de 270), de onde se tiran traducións e modelos, entre outros.
 
A licenza que emprega é a chamada [[GNU FDL|licenza pública xeral de GNU]].
 
En setembro de 2011, o 31 % dos artigos da Galipedia estaban categorizados ou subcategorizados dentro da [[:categoría:Galicia|categoría Galicia]].<ref>[//toolserver.org/~erwin85/categorycount.php?lang=gl&family=wikipedia&namespaces=0&category=Galicia&subcats=1&d=10&submit=Submit categorycount tool].</ref>
 
=== Imaxes ===
[[Ficheiro:Novosartigosgalipedia.jpg|miniatura|dereita|Número de novos artigos anuais.]]
Canto das imaxes, a Galipedia conta cun fondo propio ademais daquel común que prové [[Commons]]. Isto non sucede con todas as linguas da Wikipedia. Na actualidade hai cargados {{NUMBEROFFILES}} ficheiros, a maioría deles imaxes, de forma interna. A comezos de febreiro de 2013 tiña 101.305 imaxes distintas entre tódolos artigos do proxecto (244.226 contando as imaxes duplicadas), e as imaxes máis usadas, sen contar iconos, bandeiras, etc, eran [[:Ficheiro:Concellos_menos_poboados_de_Galiza.PNG|Concellos_menos_poboados_de_Galiza.PNG]] usada 1.284 veces (incluída no modelo <nowiki>{{Concellos de Galicia en progreso}})</nowiki>, e [[:Ficheiro:Piazza_del_Campidoglio.jpg|Piazza_del_Campidoglio.jpg]] usada 1.082 veces (incluída no modelo <nowiki>{{Xeografía en progreso}}</nowiki>).<ref>[//lists.wikimedia.org/pipermail/wikies-l/2013-February/004432.html Número de imágenes de la Galipedia] {{es}}.</ref>
 
=== Edición ===
O número de editores activos varía dende 2009 entre 260 e 330 aproximadamente. Destes, ao redor dunha vintena son moi activos e entre ningún e 3 son aqueles que polo xeral rebordan as 1.000 edicións mensuais. A media de creación de artigos des que se abrira o proxecto en abril de 2002 é de 8.250 por ano; porén, se soamente temos en conta o último período (de 2007 a 2010, ambos os dous anos incluídos), daquela esta media aumenta até 11.400 novos artigos. Arredor dun 35% destes artigos foron creados polos 10 editores máis activos.
 
A categorización, tanto de artigos coma de imaxes, rolda o 100%.
 
== Artigos de calidade ==
{{AP|Wikipedia:Artigos de calidade}}
Galipedia conta con {{PAGESINCATEGORY:Artigos de calidade|R}} [[Wikipedia:Artigos de calidade|artigos de calidade]]. O primeiro en adquirir esta distinción foi o o artigo [[Club Baloncesto Breogán]], o 20 de xuño de [[2010]]. Máis tarde pasarían a engrosar a listaxe os artigos de [[Castelao]], [[Ramón Piñeiro]], [[Lugo]], [[Hórreo galego]], [[Reino de Galicia]], [[Estatuto de Autonomía de Galicia de 1936]], [[Valentín Paz-Andrade]], [[Alzamento de Pascua]], [[Caso do metílico]], [[Praga]], [[The Beatles]], [[Lenin]], [[Alemaña]], [[Real Club Celta de Vigo]], ''[[Prestige]]'', [[Catedral de Santiago de Compostela]] e ''[[Tristan und Isolde]]''.
 
== Factor humano ==
[[Ficheiro:Ten culleredo 07.jpg|miniatura|dereita|200px|Encontro en [[Culleredo]] para dar a coñecer a Galipedia.]]
A Galipedia deu pé a unha comunidade de persoas colaboradoras con vencellos comúns, a pesar das múltiples diferenzas de procedencia, como a idade, a xeografía ou a ideoloxía. Así, lévanse a cabo encontros de usuarios nos que se fala da historia da Galipedia, da súa realidade presente e dos seus obxectivos futuros. Con todo, tamén existe un grupo de amizade formado ao redor da enciclopedia, que deu pé a grupos en redes sociais como [[Facebook]]<ref>[http://www.facebook.com/galipedia#!/group.php?gid=121380137879985&v=wall Grupo da Galipedia en Facebook].</ref> ou [[Twitter]]<ref>[http://twitter.com/#!/galipedia Perfil da Galipedia no Twitter].</ref>. A presenza feminina é reducida entre as persoas que editan na Galipedia, problema este común ás demais wikipedias<ref>[http://www.xornal.com//artigo/2011/02/01/sociedad/ciencia-y-tecnologia/wikipedia-busca-mas-mujeres-escritoras-articulos/2011020117321000164.html "Wikipedia busca más mujeres escritoras para sus artículos"], artigo en ''[[Xornal de Galicia]]'', 5 de febreiro de 2011.</ref>.
 
Amais da actividade a través da rede, lévanse a cabo proxectos de difusión da Galipedia, como charlas en centros educativos ou encontros para aprender o seu manexo. Así, o [[15 de xaneiro]] de [[2011]] (10º aniversario da Wikipedia), houbo unha xuntanza en [[Culleredo]] e outra en [[Ribadeo]]<ref>[http://www.galiciae.com/nova/72948.html O día de Wikipedia].</ref>. En setembro dese mesmo ano desenvolveuse un obradoiro na [[Cidade da Cultura]].
 
No 2011, o propio 15 de xaneiro (aniversario da Wikipedia) e o [[8 de marzo]] (aniversario da Galipedia) leváronse a cabo retos de edición para acadar novos récords. En xaneiro propúxose facer 5.000 edicións nun día (das que se fixeron pouco máis de 4.500) e en marzo propúxose facer 500 artigos novos nun día (creándose uns 450).
 
O 9 de marzo de 2013 celebrouse o 10º aniversario da Galipedia cun encontro en Santiago de Compostela que incluíu [[Wikipedia:Programa relatorios décimo aniversario|varios relatorios]] relacionados co coñecemento libre e o activismo cultural.
 
Ao longo da súa historia, a actividade da Galipedia apareceu reflectida en diversos medios de comunicación, con entrevistas a persoas usuarias na [[TVG]]<ref>[http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/capitulo-299-de-ben-falado-galipedia Capítulo 299] de ''[[Ben falado]]'', programa da [[TVG]].</ref> ou [[Radio Galega]], e artigos en ''[[Xornal de Galicia]]'', ''[[Vieiros]]'' ou ''[[Praza pública]]''.
 
== Logos conmemorativos ==
<center>
<gallery>
Ficheiro:Wikipedia-logo-gl-25000artigos.png|Logo realizado co gallo dos 25.000 artigos da Galipedia.
Ficheiro:Wikipedia-logo-gl-30000-proba.png|Logo conmemorativo dos 30.000 artigos.
Ficheiro:Wiki5anos.png|O 8 de marzo de 2008 cumpríronse cinco anos da Galipedia.
Ficheiro:10-galicia cmyk.svg|O 15 de xaneiro de 2011 fixéronse 10 anos de Wikipedia en inglés.
Ficheiro:Wiki8anos.png|O 8 de marzo de 2011 cumpríronse oito anos da Galipedia.
Ficheiro:Wikipedia-logo-v2-gl-90000.png|O 6 de setembro de 2012 acadáronse os 90.000 artigos.
Ficheiro:Wikipedia-logo-v2-gl 100K.png|O 4 de marzo de 2013 a Galipedia superou os 100.000 artigos.
</gallery>
</center>
 
== Notas ==
{{Listaref}}
 
== Véxase tamén ==
=== Outros artigos ===
* [[Wikipedia]].
* [[Portada]].
* [[Wikipedia:20.000 artigos]].
* [[Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada]].
* [[Enciclopedia Galega Universal]].
* [[Enciclopedia Temática Ilustrada]].
 
===Ligazóns externas===
* [http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/capitulo-299-de-ben-falado-galipedia Capítulo 299] de ''[[Ben falado]]'', programa da [[TVG]].
 
[[Categoría:Wikipedias por lingua]]
[[Categoría:Enciclopedias en galego]]