Diferenzas entre revisións de «Augardente»

m
En Galicia, tradicionalmente, os augardenteiros eran as persoas que se encargaban da produción da augardente, e que obtiñan con iso ingresos extras dentro da súa economía. Era un traballo estacional ([[novembro]]) e ambulante, pois ían de aldea en aldea co [[alambique]] onde se preparaba a destilación.
 
Na actualidade a produción tradicional está en recesión, e foi substituída pola produción industrial. Existe unha [[denominación de orixe]] que recolle as variedades de augardente galegas, e que se denomina [[Augardente de Galicia]] (''Orujo de Galicia'' (en castelán; ''orujo'' é como se chama en castelán o [[bagazo]]) e co máis propiamente galego [[Augardente de Galicia]].
 
En 2005, a denominación de orixe amparaba a 39 embotelladores cunha produción anual de 169.908 litros de augardente branca, 220 litros de augardente de herbas e 2.358 litros de licor de herbas, ademais de 1.715 litros de [[licor café]] <ref>''Anuario de Estatística Agraria 2005'', Consellería do Medio Rural.</ref>.
21.448

edicións