Plauto: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Correccións ortográficas
m pequenas correccións ortográficas e engadir imaxe
Liña 600:
 
== Plauto e Molière ==
As obras de Plauto, aínda tendo a base grega, presentan un maior refinamento que as que se escribían naquel entón nesta zona do [[Mediterraneo|Mediterráneo]]. Os personaxes son os mesmos e a trama está chea de situacións de enredos, enganos e confusións, pero Plauto engade variedade e orixinalidade aos temas tratados e aos personaxes, sempre querendobuscando facer rir ao público romano. Por estas características innovadoras, os seus escritos tiveron especial influecia en autores posteriores como [[Molière]] nas súas obras ''O Avaro'' e ''O Anfitrión''. Molière, óao igual que Plauto, pretendía facer rir e, a través disto, corrixir os malos costumes da xente.
 
==== ''O Avaro'' ====
Liña 671:
 
==== Traducións e adaptacións ====
A presenza dos clásicos greco-latinos en Galicia, nas diferentes formas posibles, parece que non é tan escasa como se pensaba. Se ben no eido da tradución aínda queda case todo por facer, no tocante á imitación e sobre todo á emulación, a literatura galega ten unha gran débeda cos clásicos dende o mesmo [[Rexurdimento]], sobre todo na lírica e no teatro. A dramaturxia galega baseouse numerosas veces en temas, técnicas e recursos clásicos nas súas obras, pero ademais moitos dos conceptos do teatro galego son tamén herdeiros destes: a defensa da historia como mito, que achamos no ''Mariscal'' (A Coruña 1926) de Ramón Cabanillas e Antón Villar Ponte,; o papel do coro d' ''A lagarada'' de Otero Pedrayo (A Coruña 1929),; o papel do mensaxeiro e a organización en triloxía ded' ''Os vellos non deben de namorarse'' de Castelao,; así como ducias de pezas que recrean historias da antigüidade<ref>Este tema da composición de obras de teatro en galego cos temas e argumentos do teatro clásico foi moi ben estudado por J. A. Fernández Delgado, "La tradición griega en el teatro gallego"'', ''EClás 109, 1996, pp. 59-89 e Mª J. Regué-Arias, ''Los personajes y temas de la tragedia griega en el teatro gallego contemporáneo'', ''Ediciós do Castro, Sada'' - A Coruña 1991. </ref>. Pero ademais moitas das obras dos nosos dramaturgos están inspiradas directamente nun texto clásico concreto, máis ou menos adaptado para levar a escena os grandes problemas existenciais do home do noso tempo, que non son moi diferentes aos dos antigos. O autor teatral clásico máis emulado nos nosos teatros é sen dúbida o tráxico grego [[Eurípides]], pola febleza e vulnerabilidade dos seus heroes, que os fan máis humanos.
 
No tocante ás reminiscencias da comedia, a influencia do teatro de Plauto en Galicia e nos autores galegos é moi escasa, nada comparable ao que foi Plauto no resto de España. O pioneiro no campo das traducións é [[Aquilino Iglesia Alvariño]], que en 1962 publica unha versión de ''Aulularia'', co título ''A comedia da oliña.'' Trátase dunha tirada reducida feita pola [[Editorial Galaxia]] en Vigo. A obra foi estreada na Coruña o 9 de xullo dese mesmo ano polo “Teatro de Cámara”. O 9 de marzo de 1970 o “Teatro de Cámara Ditea” volve levar a escena a versión de Iglesia Alvariño, en Santiago de Compostela con motivo das xornadas conmemorativas do IX día mundial do Teatro. A tradución desta obra inscríbese nunha tendencia a facer versións das obras de teatro clásico e contemporáneo da literatura universal que se leva a cabo nos anos 60 e 70, nun momento no que a lingua comeza a sentirse forte. A idea é encher o baleiro de orixinais e así potenciar un teatro de calidade en galego á altura doutras linguas con máis tradición literaria e inscribir o teatro galego na cultura universal<ref>Lourenzo, M.-Pillado Mayor, F., ''O teatro galego'', Sada-A Coruña 1979 (páxs. 133-135).</ref>.
Liña 677:
Plauto non volverá ser publicado en galego ata 1991, cando a colección “Clásicos en Galego” da [[Xunta de Galicia]] e Editorial Galaxia, edita ''O Anfitrión'' e ''Asinaria ''en tradución de Mercedes Boado e Mª Xesús Frei Collazo. Nunha segunda entrega, en 2001, aparece ''Aulularia ''en versión das mesmas filólogas e coa reedición da tradución de Aquilino Iglesia Alvariño. Tamén en 1999 Edicións Lea inclúe entre as traducións da súa colección de clásicos latinos dúas versións de Plauto, unha d' ''O Estico'' feito por F.J. Feijoo Lorenzo, e outra d' ''O Persa'' de J.A. Parada Yáñez<ref>Non se pode deixar de sinalar que unha das últimas traducións ó castelán que se fixeron da obra completa do comediógrafo latino, ''Plauto. Comedias'', Cátedra, Madrid 1985 e 1995, débese a un galego, Román Bravo Díaz, catedrático de latín do IES “Sofía Casanova” de Ferrol. En catalán tamén están traducidas as obras completas, na prestixiosa colección da Fundació Bernat Metge, por M. Olivar, ''Plauto. Teatro completo'', Planeta, Barcelona, 1974. En Euskadi tan só hai unha tradución de ''Aulularia ''feita por Antonio María Labayen, T.M. Plautoren, Lapikoa, publicada en Bilbao en 1969, curiosamente a única obra que ata hai pouco tiñamos traducida en Galicia. A fortuna de ''Aulularia ''pode deberse á popularidade que lle deu'' O Avaro'' de Molière, unha emulación que supera ó modelo</ref>. Outro título do legado de Plauto que hoxe podemos atopar nas nosas bibliotecas é ''A comedia da oliña'' por Antonio Fontán. Editorial Galaxia no ano 1962.
 
No tocante ás representacións, E. Campos realizou unha versión de ''Aulularia ''para o grupo de teatro “Enxergo” de Ferrol en 1984. EstaEsa mesma tempada a compañía de teatro “Achádego” de Lugo levou unha versión da mesma obra polos escenarios de Galicia, dentro do programa dos percorridos culturais da [[Consellería de Cultura e Turismo|Consellería de Cultura]] da Xunta. A influencia de Plauto sobre os autores dramáticos galegos é escasa e só hai unha obra inspirada nas súas comedias; a ''Farsa plautina'' de [[Agustín Magán]]. Esta comedia segue o mesmo procedemento de composición que o dramaturgo latino: a “contaminatio”. A obra foi publicada pola editorial [[Sotelo Blanco Edicións]] en Barcelona no 1993 e no prólogo alúdese ao procedemento seguido e ás fontes plautinas das que a obra é acredora: o ''Miles Gloriosus'', os ''Menecmos ''e o ''Gurgullo''.
 
Se ben nestes campos a influencia é escasa, no referente ao teatro escolar as cousas son diferentes, quzais polo tipo de humor sinxelo de Plauto que chega con facilidade ós máis novos. No ano 1998 o grupo “Apeirón” da Facultade de Filoloxía puxo en escena ''Os Xemelgos'' na Vª Mostra de Teatro Universitario Galego. Ademais tódolos anos hai varias representacións de Plauto feitas por alumnos galegos de ensino medio como complemento ás clases de latínLatín ou culturaCultura clásicaClásica. Estas teñen un público reducido, xeralmente só o do propio centro, pero cumpren a función de difundir a obra do comediógrafo latino e ir familiarizando aos rapaces co teatro clásico. Hai que salientar neste traballo óo grupo “Sardiña”, formado por alumnos do IES “A Sardiñeira” e “Elviña” da Coruña, guiado polos catedráticos de latín dos institutos Ricardo Martín e Beatriz Martín. Constituíuse en 1983 e está especializado no teatro plautino, aínda que nos últimos tempos comezou a incorporar tamén a traxedia grega no seu repertorio. Fixeron xa máis de 400 representacións dentro da nosa Comunidade e tamén fóra, sobre todo no marco do Festival Europeo de Teatro Greco-Latino de Segóbriga, así como en diversos lugares de Italia. Hoxe en día outros grupos como Parrocha, El Ruiseñor e Noite Bohemia, seguen a traballar no cultivo do teatro grecolatino, sendo estes últimos recentes gañadores a nivel estatal do 2º Premio no Certame Candilejas Don Bosco e cunha Mención Especial Buero Vallejo pola mellor adaptación de texto na obra ''Aulularia ''de Plauto. No 2013 tamén se fixeron co Primeiro Premio na Modalidade “A Comedia Latina”.
 
No ano 2003, Celso Parada realizou unha adaptación d’ ''A comedia do Gurgullo'' a partir dos textos do propio Plauto. Contou, para interpretala, cos actores e actrices do [[Centro Dramático Galego]]. O traballo deste equipo foi estreado no Gran Teatro de Elxe o día 18 de outubro de 2003 e no Salón teatro de Santiago de Compostela o día 24 do mesmo mes<ref>''A comedia do Gurgullo ''do [[Centro Dramático Galego]], 2003, pola [[Xunta de Galicia]]. Inspirado na obra do mesmo nome dirixida por Celso Parada e coa información do estudo crítico de Teresa Amado e Eva Castro. [[ISBN 84-453-3642-5]].</ref>.
 
==== Festival de teatro grecolatino de Lugo ====
O [[Festival de teatro grecolatino de Lugo]] é un evento creado en 2001 pola sección galega da Sociedad Española de Estudios Clásicos (SEECGalicia), co propósito inicial de achegar as grandes obras do teatro grego e romano clásico aos estudantes do ensino medio. Cada ano acóllese no Auditorio Gustavo Freire a uns 4.000 alumnos de centros de Galicia, Asturias e León, aínda que
[[File:Cistellaria 1.jpg|thumb|225x225px]]
este número foi medrando dende os 635 asistentes da primeira edición.
 
== Miles Gloriosus, a película ==
En Hollywood no ano 1966, baixo a produción de United Artists, chegou ás pantallas do cinema a película “Golfus de Roma”, adaptación de varias comedias de Plauto (fundamentalmente'' Miles Gloriosus'', ''Mostellaria ''e ''Pseudolus'') feita polos guinistas Melvin Frank e Michael Pertwee, sobre o espectáculo teatral de Burt Shevelove e Larry Gelbart, producido por Harold Price. O director Richard Lester incluíu ósos intérpretes Zero Mostel (Pseudolus), Phil Silvers (Lycus), Jack Gilford (Hysterium), Buster Keaton (Erronius), Michel Crawford (Hero), Michael Hordern (Senex), Annette Andre (Philia), Leon Greene (Miles Gloriosus), entre outros. A música foi composta por Ken Thorne (Oscar no 1966 á mellor banda sonora adaptada).
 
En España tamén houbo adaptacións desta mesma obra. No ano 2008 Juan Copete versionou a Plauto. O director da obra, Juan José Afonso, contou para facer de protagonistas con Pepe Viyuela (Pirgopolínices), con José Sancho (Palestrión) e con Cesáreo Estébanez (Periplectómeno). A obra foi presentada por primeira vez no Festival de Teatro Clásico de Mérida.