Topoloxía: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m engado modelo
lig ints
Liña 24:
 
[[Ficheiro:Konigsberg bridges.png|miniatura|dereita|O das [[Problema das sete pontes de Königsberg|sete pontes de Königsberg]] é un famoso problema resolto por [[Euler]].]]
Habitualmente, a famosa cuestión acerca das [[Problema das sete pontes de Königsberg|sete pontes de Königsberg]], sobre a imposibilidade de percorrer tódalas pontes desta cidade sen pasar dúas veces por ningunha delas, é considerada coma o primeiro problema de tipo topolóxico do que se ten constancia. Enténdese que é un problema de tipo topolóxico pois para a súa formulación abonda con achegar un plano esquemático coa disposición das pontes na cidade, sen importar as proporcións reais ou a forma exacta do río ou da cidade. Deste xeito, [[Leonhard Euler]] resolveu este problema no ano [[1735]] apoiándose na síntese do plano de [[Kaliningrado - Калининград|Königsberg]] nun tipo de esquema chamado [[grafo]] (de aí que este problema sexa tamén citado a miúdo como a orixe da [[teoría de grafos]]).
 
Arredor do ano [[1840]], o [[matemático]] [[Alemaña - Deutschland|alemán]] [[Johann Benedict Listing]] (un dos descubridores da [[banda de Möbius]]) acuñou o termo ''topoloxía'' para designar a parte das matemáticas que [[Gottfried Wilhelm Leibniz|Leibniz]] no [[1679]] chamara ''analysis situs'', aínda cun sentido limitado de análise do lugar no que a posición viña totalmente relacionada coa distancia. Este termo foi o nome habitual da topoloxía ata comezos do [[século XX]]. Por exemplo, os conceptos de [[homotopía]] e [[homoloxía]], básicos na [[topoloxía alxébrica]] actual foron introducidos no ano [[1895]] por [[Henri Poincaré]] no seu libro [[Analysis Situs (libro)|''Analysis Situs'']].
 
Foi precisamente a necesidade de fundamentar as ideas de proximidade, veciñanza ou límite do [[cálculo infinitesimal]] desenrolado por [[Leibniz]] e [[Newton]], ou o de [[variedade]] o que levou ó nacemento da topoloxía moderna a finais do [[século XIX]] e comezos do [[século XX|XX]].