Consello Europeo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 16:
== Composición ==
 
Son membros natos do '''Consello Europeo''' os Xefes de Estado e/ou de Goberno dos Estados da Unión, así como o Presidente da [[Comisión Europea]], que posúe voz, pero non voto. Participa nas súas reunións o [[Alto Representante da Unión para Asuntos Exteriores e Política de Seguridade]].
Os Xefes de Estado ou de Goberno poderán, por convite do Presidente cando a situación o esixa, verse asistidos nas reunións polos seus ministros de Asuntos Exteriores, e o Presidente da [[Comisión Europea]] polo seu Vicepresidente para Asuntos Exteriores, o Alto Representante.
Excepcionalmente, cando se deliberou sobre materias relacionadas coa '''Unión Económica e Monetaria''', tamén foron invitados os ministros de Economía e Facenda, tal e como está previsto na Declaración 4ª do Tratado da [[Unión Europea]]. As súas reunións de traballo sepáranse en dúas sesións. Á primeira sesión o '''Presidente do Consello Europeo''' invita o Presidente do [[Parlamento Europeo]] a comparecer e, no seu caso, a outras personalidades senlleiras.