Diferenzas entre revisións de «Consello Europeo»

sen resumo de edición
Sem resumo de edição
Sem resumo de edição
{{PoliticaUE}}
O '''Consello Europeo''' é unha das sete altas [[Institucións da Unión Europea]], integrada polos vinte e sete Xefes de Estado ou de Goberno dos Estados da Unión, máis o seu Presidente e o Presidente da [[Comisión Europea]]. A súa composición e a lóxica do seu funcionamento convérteno nun órgano de natureza predominantemente intergubernamental. As súas funcións son de orientación política, fixando as grandes directrices e obxectivos da Unión nos ámbitos máis relevantes; a potestade lexislativa estalle expresamente vedada polos Tratados. As súas reunións, de carácter ordinariamente trimestral, adoitan chamarse como "'''cumes europeas'''" ou "reunións na cume" debido á importancia dos seus asistentes, pero dende a entrada en vigor do [[Tratado de Lisboa de (2007)|Tratado de Lisboa]], o 1 de decembro do 2009, o Consello Europeo é unha institución constitucional comunitaria de pleno Dereito e como tal debe actuar, ao servizo do acordo e integración dos intereses nacionais cos europeos. Non debe confundirse co [[Consello da Unión Europea]], institución da Unión, colexisladora xunto ao [[Parlamento Europeo]] e integrada polos ministros dos EE.mm. máis un Comisario, nin tampouco co [[Consello de Europa]], organización internacional de ámbito europeo allea á [[Unión Europea]]. As súas oficinas encóntranse no edificio "Justus Lipsus" de [[Bruxelas]], sede do Consello da Unión Europea, se ben se está a construír unha sede institucional propia e autónoma no "Residence Palace" de Bruxelas.
 
== Historia ==
== Presidencia ==
 
Dende a entrada en vigor do [[Tratado de Lisboa de (2007)|Tratado de Lisboa]] o [[1 de decembro]] de [[2009]], o '''Consello Europeo''' está dirixido e coordinado por un Presidente estable, concluíndose deste modo as antigas presidencias semestrais, que en diante limítanse só ao [[Consello da Unión Europea]] e serven tan só de apoio político e loxístico ás actividades e responsabilidades do Presidente no '''Consello Europeo'''. A súa designación corresponde ao pleno, e o seu mandato establécese por un período de dous anos e medio, renovables unha soa vez. As súas funcións son presidir as reunións, impulsar a súa actividade favorecendo os acordos e o consenso no seu seo, coordinar e soster a dirección dos seus traballos, e representar á [[Unión Europea]] no ámbito das relacións internacionais no nivel que lle é propio, isto é: nas cumes, conferencias e reunións nas que participen xefes de Estado e de Goberno estranxeiros. Tamén lle corresponde no ámbito interno, como é natural, a máxima representación da Institución que preside.
 
O '''Presidente do Consello Europeo''' áchase asistido en todo momento por tres órganos que, pertencendo ao [[Consello da Unión Europea]], estenden non obstante as súas funcións de asistencia ao Consello Europeo, por imperativo legal: a '''Secretaría Xeral do Consello''', que actúa como infraestrutura administrativa; a '''Presidencia rotatoria''', que debe apoiar e facilitar as súas tarefas ao servizo do Presidente do Consello Europeo; e o '''Consello de Asuntos Xerais''', formación do Consello da UE cuxa función é, entre outras de índole lexislativa e de coordinación deste, a de garantir co seu apoio a continuidade e preparación dos traballos e reunións do Consello Europeo.