Despotado de Epiro: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 40 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q187684
mSen resumo de edición
Liña 2:
 
== Historia ==
 
[[Ficheiro:Epir1205-1230.png|miniatura|dereita|200px|O despotado de Epiro desde a súa fundación ao cénit do seu poder en 1230.]]
En 1204, os cruzados conquistaron Constantinopla e, logo de vencer na [[Batalla de Pemaneo]] (decembro de 1204), entraron en [[Rexión de Bitinia|Bitinia]]. O emperador [[Constantino Láscaris]] morreu na loita en xaneiro do [[1205]] e o seu irmán [[Teodoro I Láscaris]] foi proclamado emperador de [[Imperio de Nicea|Nicea]]. Pero o patriarca de Constantinopla, Camateo (Kamatheos), que fuxira a [[Tracia]], non quixo ir a Nicea para coroalo. Os [[Bulgaria|búlgaros]] invadiron Tracia en febreiro de 1205 acompañados por continxentes [[cumanos]] e, ao mesmo tempo, Teodoro sufriu unha grave derrota fronte aos cruzados, chamados agora ''latinos'', na [[Batalla de Adrametium]]. Os latinos ocuparon case toda Tracia e Bitinia, que converteron en ducados por conta de Saint Pol ([[Ducado de Demótica]]) e do conde Luís de Blois ([[Ducado de Bitinia]]).
Liña 9 ⟶ 8:
 
 
A rexencia latina pasou a Henrique, conde de Hainaut, irmán de Balduíno, que foi confirmado no mes de xuño. O [[despotado de Sinope|déspota de Sinope]], David Comneno, aliouse con Henrique contra Teodoro Lascaris pero foi derrotado en [[Nicomedia]]. O peso da loita pasou entón á parte occidental onde Bonifacio de Montferrato, rei de [[Tesalónica]], tivo que loitar contra o [[despotado de Grecia|déspota de Grecia]] León Sguros ao que gañou nas [[Termópilas]] asegurándose o dominio de [[Tesalia]]. Outros señores latinos avantsaron máis ao sur: Guillerme de Champlitte e Godofredo de Villehardouin entraron en [[Beocia]] e ocuparon [[Tebas (Grecia)|Tebas]] sen loita; despois seguiron ata [[Atenas]] e a illa de [[Eubea]] (=tamén chamada [[Negroponte]] ou [[Évvoia]]).
 
O [[Peloponeso]] someteuse ao déspota Miguel de Epiro e Tebas e Atenas constituíronse en baronía dependente do rei de [[Tesalónica]] concedida a Odón I de la Roche; a illa de Negroponte ([[Eubea]] -ou [[Évvoia]]-) foi doada a Xaime de Avesnes. Godofredo de Villehardouin e Guillerme de Champlitte invadiron o Peloponeso e ocuparon [[Elide]] e [[Arcadia]], desfacendo as tropas enviadas polo déspota Miguel na [[Batalla de Kondura]]. Guillerme foi proclamado príncipe de [[Acaia, Grecia|Acaia]], con poder feudal sobre Atenas e Tebas aínda que feudatario do rei de Tesalónica. Godofredo foi proclamado príncipe de Koron e [[Kalamata]].