Diferenzas entre revisións de «Primeira guerra carlista»

→‎Orixe: corrixo
m (Bot: Retiro 10 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q2341073)
(→‎Orixe: corrixo)
[[Ficheiro:IsabellaII.png|miniatura|dereita|180px|[[Isabel II de España]].]]
 
En España estaba en vigor a Lei sálica dende comezos do [[século XVIII]] que prohibía reinar ás mulleres. O [[31 de marzo]] de [[1830]] Fernando VII promulgou a [[Pragmática Sanción de 1830|Pragmática Sanción]], aprobada o [[30 de septembrosetembro]] de [[1789]] por [[Carlos IV de España|Carlos IV]], pero que non se fixera efectiva por razóns de política exterior. A ''Pragmática'' establecía que se o rei non tiña herdeiro varón, herdaría a filla maior. Isto excluía, na práctica, ao infante [[Carlos María Isidro de Borbón|Carlos María Isidro]] da sucesión, por canto xa fose neno ou nena quen nacese da embarazada cuarta esposa do rei, sería o seu heredeiro directo. Desta forma, Isabel (a futura [[Isabel II de España|Isabel II]]), nacida pouco despois, víase recoñecida como herdeira da coroa, con gran desgusto dos partidarios de Carlos, o irmán do rei.
 
En [[1832]], achándose o rei enfermo de gravidade na [[La Granja de San Ildefonso|Granja]], cortesáns partidarios do infante conseguiron que Fernando VII firmara un ''Decreto'' derrogando a Pragmática. Coa melloría da saúde do rei, o Goberno de [[Francisco Cea Bermúdez]] púxoa de novo en vigor. Tras iso, Carlos marchou a [[Portugal]]. No entanto, [[María Cristina de Borbón|María Cristina]], e esposa do rei, nomeada rexente durante a grave enfermidade deste (a herdeira Isabel a penas tiña tres anos nese momento), iniciou un acercamento cara aos [[liberalismo|liberais]] e concedeu unha ampla amnistía para os exiliados, para asegurarse apoios para a súa filla e prefigurando a viraxe político cara ao liberalismo que se produciría á morte do rei.
58.640

edicións