Güyük: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
m engado a Categoría:Nados en 1206 mediante HotCat
lig int
Liña 6:
En [[1233]] conquistou o reino de Dongxia limítrofe con [[Corea]]. Participou na gran invasión do Leste e Centroeuropa dirixida polo xeneral [[Subotai]] onde se enemistou con [[Batu]] Khan, fillo de [[Jochi]], o primoxénito de Genghis Khan. Trala rexencia da súa nai, [[Törgene Khatun]], durante cinco anos e contra os desexos do seu pai, e unha vez neutralizada a manobra militar do irmán pequeno de Genghis Khan, [[Temuge]], foi elixido e entronizado por un multitudinario [[kurultai]] o 24 de agosto de [[1246]]. Asistiron príncipes europeos, armenios, xeorxianos, representantes dos selxúcidas, e do propio [[Califa]] de [[Bagdad]]; pero faltou seu curmán Batu, que estaba consolidando un enorme poder territorial con gran autonomía nas estepas rusas coa súa [[Horda de Ouro]]. Nese kurultai estivo tamén o franciscano [[Xoán de Plano Carpini]] como embaixador do papa [[Inocencio IV]]. Este embaixador solicitoulle que detivese os ataques contra Europa e os reinos cristiáns.
 
Aumentou os impostos, executou a altos oficiais do anterior goberno que lle resultaron sospeitosos, expresou aos embaixadores europeos as súas pretensións de dominio mundial, autorizou operacións de saqueo en [[Corea]] e puña e quitaba reis en reinos como o de [[Xeorxia - საქართველო|Xeorxia]], que acabou dividindo, e no [[Sultanato de Rum]]. Rodeouse para os labores de goberno de cristiáns [[nestorianismo|nestorianos]]. Organizou un gran censo nos seus dominios e fixo do reino armenio de [[Cilicia]] o seu vasalo.
 
Resolto a recompoñer a unidade do imperio do seu pai co fin de dominar Europa e preparar un gran ataque mortal ao [[Imperio Abasida]], chamou ao seu encontro a Batu. Este foi advertido de que podía caer nunha trampa, polo que se achegou a Asia central co seu grande exército. Güyük fixo o propio e marchou ao seu encontro. Cando o gran choque parecía inevitable, Güyük morreu en circunstancias pouco claras, parece ser que dunha chea.