Abrir o menú principal

Cambios

A [[Reino de Valencia|Conquista de Valencia polo rei Xaime I]] a diferenza da de [[Mallorca]] foi feita cun importante continxente de aragoneses. De feito, en 1231, Xaime I reuniuse co nobre [[Blasco de Alagón]] e o mestre da Orde Militar do Hospital en Alcañiz para fixar un plan de conquista das terras valencianas. Blasco de Alagón recomendou asediar as poboacións en terreo llano e evitar as fortificadas. Con todo, o primeiro que se tomou foron dous enclaves montañosos: [[Morella]], aproveitando Blasco a debilidade do seu goberno musulmán; e Ares, lugar próximo a Morella tomado por Xaime I para obrigar a Blasco de Alagón a que lle entregase Morella.
A conquista do que posteriormente se convertería no [[reino de Valencia]] comeza en [[1232]], coa toma de [[Morella]]. En 1233 planéase a campaña en [[Alcañiz]], que constaría de tres etapas:
* A primeira etapa empeza coa toma de [[Borriana - Burriana|Borriana]] en 1233 e [[PeñíscolaPeníscola]].
* A segunda etapa diríxese ao sur chegando ata o [[Xúcar]], na cidade de [[Alzira]] onde se atopaba a única ponte de toda Valencia que cruzaba o Xúcar. O 30 de Decembro de 1242, foi conquistada esta vila, permitindo así a definitiva conquista do Reino de Valencia.
* A terceira etapa abarca desde 1243 a 1245 chegándose aos límites estipulados no [[tratado de Almizra]] en [[1244]], asinado entre Xaime I e o infante Afonso (futuro [[Afonso X de Castela e León]]) para delimitar as áreas de expansión sobre territorio musulmán entre Castela e a Coroa de Aragón. As terras ao sur da liña [[Biar]]-[[La Vila Joiosa - Villajoyosa|La Vila Joiosa]] quedaron reservadas para Castela (incluíndo o [[reino de Murcia]]), incorporándose ao reino de Valencia por [[Xaime II de Aragón]] trala [[Sentenzas arbitrais de Torrellas]] (1304) e o [[tratado de Elx]] (1305).
46.369

edicións