Benicarló: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Imxavitooh (conversa | contribucións)
Imxavitooh (conversa | contribucións)
Liña 40:
 
== Economía ==
De gran importancia foi a produción de viño a finais do século XIX, o denominado "Viño Carlón", que constituía a maior fonte de riqueza da cidade. Como exemplo diremos que no [[1890]] foron exportados 17 millóns de litros. Este cultivo realizábase tanto no término de Benicarló como nas poboacións veciñas de [[Peníscola - Peñíscola|Peníscola]], [[Càlig]] e [[Vinaròs]]. A praga da filoxera acabou con practicamente todas as viñas da zona, desaparecendo por completo este cultivo.
 
Entre 1931-1944 construíuse o actual porto, co conseguinte impulso no desenvolvemento do sector pesqueiro que, na actualidade, mantén unha flota de máis de 50 embarcacións, a cal obtivo nos últimos anos, un promedio de 1.500.000 quilogramos anuais de toda clase de especies mariñas, entre as que destacan o salmonete da pedra, pescada, polbo, peixe sapo, linguado e cigala.