Abrir o menú principal

Cambios

lig int
A '''República de Turquía''' ([[Ficheiro:Ltspkr.png]]'''[http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/3/37/Tur-T%C3%BCrkiye_Cumhuriyeti.ogg ''Türkiye Cumhuriyeti'']'''), ou simplemente '''Turquía''' (''Türkiye'') é un estado situada entre [[Asia]] (95 % do seu territorio) e [[Europa]] (5 % do seu territorio).
 
A península de [[Anatolia]] entre o [[mar Negro]] e o [[mar Mediterráneo]] forma o «corazón» do país. Linda ó nordeste con [[Armenia]], ó norte co [[mar Negro]], ó oeste con [[Grecia]], o [[mar Exeo]] e [[Bulgaria]], ó sueste con [[Irán]], e ó sur con [[Iraq]], [[Siria]] e o [[mar Mediterráneo]], ó leste con [[Xeorxia - საქართველო|Xeorxia]] e [[Acerbaixán]]. O [[mar de Mármara]], e os estreitos turcos do [[Bósforo]] é o [[Dardanelos]], separan Europa de Asia, polo que Turquía está considerado un [[país transcontinental]]<ref>{{Cita web |url=http://www.sabanciuniv.edu/socrates/ects/go.php?page=turkey_geography|título=Geography of Turkey|autor=Sabancı University|editorial=Sabancı University|dataacceso=21 de setembro de 2009|data=2005|lingua=inglés}}</ref>.
 
Debido á súa posición estratéxica, no medio do camiño entre Europa e Asia, así como ter tres Mares, Turquía foi un cruce histórico entre as culturas e civilizacións orientais e occidentais. Foi berce de varias civilizacións e o lugar no que se produciron moitas batallas no transcurso da historia.
O territorio turco ten máis de 1.600 km de lonxitude, de leste a oeste, e 800 km de norte a sur. A superficie de Turquía, incluíndo a dos lagos, é de 783.562 km², bastante máis de unha vez e media a de [[España]], dos cales só 23.764 km² están en [[Europa]] (unha área inferior á de Galicia).<ref name="USLC_TRGeo">{{Cita web|url=http://countrystudies.us/turkey/18.htm |title=Geography of Turkey|author=US Library of Congress|authorlink=US Library of Congress|publisher=US Library of Congress|accessdate=21 de setembro de 2009}}</ref> Turquía é o 37º país máis grande do mundo, cunha superficie similar á suma das superficies do Reino Unido e de Francia.
 
=== Xeografía Físicafísica ===
A Turquía europea, no seu noroeste, conforma a [[Tracia Oriental]], e ten fronteiras con [[Grecia]] e [[Bulgaria]]. A Turquía asiática ou [[Anatolia]]—tamén denominada [[Ásia Menor]]—está formada por un planalto central (Planalto de Anatolia). Os [[Montes Pónticos]] (Köroğlu) separan este altiplano da estreita faixa costeira do [[mar Negro]] polo norte; mentres os [[Montes Tauros]] ao sur formsn un murallón fronte a faixa costeira mediterránea. O leste do país é máis montañoso aínda, unión do [[Montes Tauros|Anti-Tauro]] e o [[Cáucaso]], e conforma un dispersor de diversos ríos que se estenden polo [[Oriente Próximo]], tales o [[río Eufrates]] e o [[río Tigris]]. Sitúanse aí o [[Lago Van]] e o [[Monte Ararat]], a elevación máxima do país con 5.165 msnm.<ref>{{Cita web|url=http://earthobservatory.nasa.gov/Newsroom/NewImages/images.php3?img_id=4996 |title=Mount Ararat (Ağrı Dağı), Turkey|author=NASA - Earth Observatory|authorlink=NASA|publisher=NASA|accessdate=21 de setembro de 2009|date=2001}}</ref>