Historia da Unión Soviética: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Simplificando redireccións cara a Estados Unidos de América
lig ints
Liña 1:
A '''historia da [[URSS]]''' comezou en [[decembro]] de [[1922]] ao establecerse a Unión das Repúblicas Rusas, Ucraínas, Bielorrusas e Transcausianas ([[Xeorxia - საქართველო|Xeorxia]], [[Acerbaixán]] e [[Armenia]]) xa cos [[bolxevique]]s dirixindo os [[soviets]] (asembleas) de cada nación e sendo os vencedores na [[Guerra Civil Rusa]] posterior á [[Revolución de Outubro]].
 
== Primeiros anos ==
Liña 111:
No terreo internacional Gorbachov iniciou conversacións sobre o desarme co presidente estadounidense Reagan (novembro de 1985), que culminaron coa sinatura dun acordo para elimina-los mísiles nucleares de alcance intermedio estacionados en Europa (decembro de 1987). A XIX Conferencia do PCUS (xullo de [[1988]]) aprobou un programa de reformas políticas que se plasmou en varias enmiendas á Constitución (decembro de 1988) e na elección, por vez primeira, con candidaturas múltiples, dun Congreso dos Deputados do Pobo, máximo órgano soberano ([[26 de marzo]] de [[1989]]). Os resultados electorais puxeron de manifesto a radicalización popular e a irreversible perda de autoridade do PCUS.
 
A violencia interétnica fíxose endémica en [[Armenia]] e [[Acerbaixán]], por mor da disputa sobre a rexión de Nagomo-Karabah, e recrudeceuse en [[Xeorxia - საქართველო|Xeorxia]] a causa da intervención do Exército en contra dos manifestantes en [[Tiflis]] (abril de 1989). A axitación [[nacionalismo|nacionalista]] deu lugar a unha crise de Estado cando [[Lituania]] proclamou a súa independencia ([[11 de marzo]] de [[1990]]), decisión suspendida en xuño ante o bloqueo económico decretado por Moscova.
 
Trala caída do [[Muro de Berlín]] e a caída dos réximes comunistas na Europa Oriental, Gorbachov tentou unha nova ofensiva reformista. O Congreso dos Deputados do Pobo votou outra reforma constitucional que aboliu o monopolio político do PCUS, instaurou un sistema presidencialista e elixiu ao mesmo Gorbachov para o novo cargo de presidente da URSS ([[15 de marzo]] de 1990). As eleccións republicanas e locais (febreiro-maio) constituíron un éxito para os radicais; [[Boris Yeltsin]] foi elixido presidente [[Federación Rusa]].