Primeiro Concilio de Nicea: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 74:
A supresión do cisma meleciano, unha seita separatista, foi outro aspecto importante que se debateu no concilio. Decidiuse que Melecio debía permanecer na súa vila de [[Licópolis]], en [[Exipto (provincia romana)|Exipto]], mais sen exercer autoridade nin poder ordenar novos cregos; prohibíuselle entrar na vila ou entrar noutra diocese co propósito de ordenar aos seus súbditos. Melecio mantivo o seu título episcopal, mais os eclesiásticos [[orde sacerdotal|ordenados]] por el debían ser ordenados novamente, polo que as ordenacións de Melecio consideráronse inválidas. Os cregos ordenados por Melecio estaban obrigados a deixar precedencia aos ordenados por Alexandre, e non podían facer nada sen o consentimento dos bispo Alexandre. En caso da morte dalgún bispo ou eclesiástico non meleciano, a sé episcopal vacante podería ser dada a un meleciano, de se probar o seu valor e se a elección popular era ratificada por Alexandre. En canto a Melecio, foi privado dos dereitos e prerrogativas episcopais.
 
Estas medidas, porén, non tiveron éxito; os melecianos uníronse aos arianos e causaron mais disensión que nunca, converténdose nuns dos maiores inimigos de [[Atanasio de Alexandría|Atanasio]]. Os melecianos desaparecerían arredor da metade do [[século V]].
 
== Notas e referencias ==