Plauto: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Creación de Influencias posteriores
m rematar a composición do tema
Liña 616:
O noso comediógrafo foi redescuberto no século XVIII por [[Lessing]], que traduciu ''Captiui'', e adaptou ''Trinummus'' na súa obra ''Der Schatz'' e redactou unha monografía sobre a vida e a obra de Plauto. A obra plautina dende entón amosa unha gran vitalidade, sendo hoxe en día o comediógrafo latino máis levado a escena tanto polas compañías de afeccionados como polas profesionais.

== Plauto e Molière ==
As obras de Plauto, aínda tendo a base grega, presentan un maior refinamento que as que se escribían naquel entón nesta zona do [[Mediterraneo|Mediterráneo]]. Os personaxes son os mesmos e a trama está chea de situacións de enredos, enganos e confusións, pero Plauto engade variedade e orixinalidade aos temas tratados e aos personaxes sempre querendo facer rir ao público romano. Por estas características innovadoras, os seus escritos tiveron especial influecia en autores posteriores como [[Molière]] nas súas obras ''O Avaro'' e ''O Anfitrión''. Molière ó igual que Plauto pretendía facer rir e, a través disto, corrixir os malos costumes da xente.

==== ''O Avaro'' ====
''O Avaro'' (tamén coñecido como ''A escola da mentira''), escrito segundo o [[Neoclasicismo]], inspirouse en Euclión, vello avaro da ''[[Aulularia]] ''plautina. No caso d’ ''O Avaro'', Molière mostra o lado máis mesquiño e egoísta do ser humano e lévanse ao extremo os problemas xerados polo poder e polos cartos, sobrepasando todo tipo de sentimentos, polo que estes ven minguada a súa importancia polo meramente material. Isto refléxase na obra a través do protagonista, Haspargón, quen só se preocupa por aforrar para o futuro e priva aos seus fillos tanto do material como do afectivo. Este está namorado dunha moza chamada Mariana, quen ao mesmo tempo é a amante do fillo do ancián, Cleanto. Por outra parte está o amor entre Elisa, filla de Haspargón, e Valerio. Observamos que nas dúas obras os personaxes teñen os seus análogos, as situacións son similares, trátase a avaricia e os conflitos que esta xera, o egoísmo etc.

'''O Avaro de Molière'''

'''Aulularia de Plauto'''

=Notas=

{{Listaref}}
Haspargón: vello avaro namorado de Mariana. Personaxe principal.

Euclión: vello avaro.

Cleanto: fillo de Haspargón namorado da mesma muller que seu pai.

Licónides: xove fillo de Megadoro namorado de Fedria, de quen espera un fillo.

Elisa: filla de Haspargón namorada de Valerio.

Fedria: filla de Euclión namorada de Licónides.

Valerio: amante de Elisa.

Licónides: xove fillo de Megadoro namorado de Fedria, de quen espera un fillo.

Anselmo: vello rico que quere casar con Elisa. Pai de Valerio e Mariana.

Megadoro: vello rico que quere casar con Fedria. Pai de Licónides.

Flecha: astuto escravo de Haspargón.

Estróbilo e Pitódico: astutos escravos da familia de Licónides

Mariana: muller simple e sinxela amante de Cleanto.

Fedria: filla de Euclión namorada de Licónides.

==== ''O Anfitrión'' ====
Ademais destas obras, os dous autores comparten o título dunha das súas creacións: ''O Anfitrión''. Os parecidos non se limitan ao título, senón que tamén o argumento é moi parecido. En ambos casos o tema principal é o nacemento de [[Hércules (mitoloxía)|Hércules]], fillo de [[Xúpiter (deus)|Xúpiter]] e da mortal [[Alcmena]]. O deus está namorado da muller e, aproveitando que o seu marido Anfitrión está ausente por participar nunha guerra, toma o aspecto físico deste e desfruta do amor de Alcmena. Nesta fazaña ao deus axúdao o seu fillo [[Mercurio (deus)|Mercurio]], quen toma a apariencia do escravo de Anfitrión, Sosia. Cando os verdadeiros Sosia e Anfitrión volven á casa, os deuses búrlanse deles en dúas ocasións facéndolles dubidar da súa identidade e creando divertidas situacións. Nun momento da obra o deus e o marido de Alcmena atópanse e chegan a confundirse os personaxes. Tras isto, a partir dos amores entre Xúpiter e a mortal nacen os xemelgos Hércules e Ificles e neste intre o deus aclara a súa verdadeira identidade. Aínda que a obra de Molière se insira no Neoclasicismo e a de Plauto no [[Helenismo]], atopamos máis semellanzas entre elas, por exemplo que se usan os mesmos estereotipos de personaxes nunha situación parecida ou que ambas se sitúan en Tebas. As diferenzas son mínimas, como que en Plauto atopamos uns capitáns aos que Molière lles muda o nome.

Vemos pois que a influencia de Plauto na obra de Molière non se limita a argumentos, senón que tamén se espalla polos personaxes, os lugares ou as estruturas, o que fai que nas obras do francés se mesture o Neoclasicismo propio da súa época co Helenismo grego, deixando patente a admiración que os autores do século dezasete tiñan polos clásicos.

== Plauto en Galicia ==

==== Traducións e adaptacións ====
A presenza dos clásicos greco-latinos en Galicia, nas diferentes formas posibles, parece que non é tan escasa como se pensaba. Se ben no eido da tradución aínda queda case todo por facer, no tocante á imitación e sobre todo á emulación, a literatura galega ten unha gran débeda cos clásicos dende o mesmo [[Rexurdimento]], sobre todo na lírica e no teatro. A dramaturxia galega baseouse numerosas veces en temas, técnicas e recursos clásicos nas súas obras, pero ademais moitos dos conceptos do teatro galego son tamén herdeiros destes: a defensa da historia como mito que achamos n''' O Mariscal'' (A Coruña 1926) de Ramón Cabanillas e Antón Villar Ponte, o papel do coro d' ''A lagarada'' de Otero Pedrayo (A Coruña 1929), o papel do mensaxeiro e a organización en triloxía d''' Os vellos non deben de namorarse ''de Castelao, así como ducias de pezas que recrean historias da antigüidade<ref>Este tema da composición de obras de teatro en galego cos temas e argumentos do teatro clásico foi moi ben estudado por J. A. Fernández Delgado, "La tradición griega en el teatro gallego"'', ''EClás 109, 1996, pp. 59-89 e Mª J. Regué-Arias, ''Los personajes y temas de la tragedia griega en el teatro gallego contemporáneo, ''Ediciós do Castro, Sada'' ''- A Coruña 1991. </ref>. Pero ademais moitas das obras dos nosos dramaturgos están inspiradas directamente nun texto clásico concreto, máis ou menos adaptado para levar a escena os grandes problemas existenciais do home do noso tempo, que non son moi diferentes aos dos antigos. O autor teatral clásico máis emulado nos nosos teatros é sen dúbida o tráxico grego [[Eurípides]], pola febleza e vulnerabilidade dos seus heroes, que os fan máis humanos.

No tocante ás reminiscencias da comedia, a influencia do teatro de Plauto en Galicia e nos autores galegos é moi escasa, nada comparable ao que foi Plauto no resto de España. O pioneiro no campo das traducións é [[Aquilino Iglesia Alvariño]], que en 1962 publica unha versión de ''Aulularia'', co título ''A comedia da oliña.'' Trátase dunha tirada reducida feita pola [[Editorial Galaxia]] en Vigo. A obra foi estreada na Coruña o 9 de xullo dese mesmo ano polo “Teatro de Cámara”. O 9 de marzo de 1970 o “Teatro de Cámara Ditea” volve levar a escena a versión de Iglesia Alvariño, en Santiago de Compostela con motivo das xornadas conmemorativas do IX día mundial do Teatro. A tradución desta obra inscríbese nunha tendencia a facer versións das obras de teatro clásico e contemporáneo da literatura universal que se leva a cabo nos anos 60 e 70, nun momento no que a lingua comeza a sentirse forte. A idea é encher o baleiro de orixinais e así potenciar un teatro de calidade en galego á altura doutras linguas con máis tradición literaria e inscribir o teatro galego na cultura universal<ref>Lourenzo, M.-Pillado Mayor, F., ''O teatro galego'', Sada-A Coruña 1979 (páxs. 133-135).</ref>.

Plauto non volverá ser publicado en galego ata 1991, cando a colección “Clásicos en Galego” da [[Xunta de Galicia]] e Editorial Galaxia, edita ''O Anfitrión'' e ''Asinaria ''en tradución de Mercedes Boado e Mª Xesús Frei Collazo. Nunha segunda entrega, en 2001, aparece ''Aulularia ''en versión das mesmas filólogas e coa reedición da tradución de Aquilino Iglesia Alvariño. Tamén en 1999 Edicións Lea inclúe entre as traducións da súa colección de clásicos latinos dúas versións de Plauto, unha d' ''O Estico'' feito por F.J. Feijoo Lorenzo, e outra d' ''O Persa'' de J.A. Parada Yáñez<ref>Non se pode deixar de sinalar que unha das últimas traducións ó castelán que se fixeron da obra completa do comediógrafo latino, ''Plauto. Comedias'', Cátedra, Madrid 1985 e 1995, débese a un galego, Román Bravo Díaz, catedrático de latín do IES “Sofía Casanova” de Ferrol. En catalán tamén están traducidas as obras completas, na prestixiosa colección da Fundació Bernat Metge, por M. Olivar, ''Plauto. Teatro completo'', Planeta, Barcelona, 1974. En Euskadi tan só hai unha tradución de ''Aulularia ''feita por Antonio María Labayen, T.M. Plautoren, Lapikoa, publicada en Bilbao en 1969, curiosamente a única obra que ata hai pouco tiñamos traducida en Galicia. A fortuna de ''Aulularia ''pode deberse á popularidade que lle deu'' O Avaro'' de Molière, unha emulación que supera ó modelo</ref>. Outro título do legado de Plauto que hoxe podemos atopar nas nosas bibliotecas é ''A comedia da oliña'' por Antonio Fontán. Editorial Galaxia no ano 1962.

No tocante ás representacións, E. Campos realizou unha versión de ''Aulularia ''para o grupo de teatro “Enxergo” de Ferrol en 1984. Esta mesma tempada a compañía de teatro “Achádego” de Lugo levou unha versión da mesma obra polos escenarios de Galicia, dentro do programa dos percorridos culturais da Consellería de Cultura da Xunta. A influencia de Plauto sobre os autores dramáticos galegos é escasa e só hai unha obra inspirada nas súas comedias; a ''Farsa plautina'' de [[Agustín Magán]]. Esta comedia segue o mesmo procedemento de composición que o dramaturgo latino: a “contaminatio”. A obra foi publicada pola editorial [[Sotelo Blanco Edicións]] en Barcelona no 1993 e no prólogo alúdese ao procedemento seguido e ás fontes plautinas das que a obra é acredora: o ''Miles Gloriosus'', os ''Menecmos ''e o ''Gurgullo''.

Se ben nestes campos a influencia é escasa, no referente ao teatro escolar as cousas son diferentes, quzais polo tipo de humor sinxelo de Plauto que chega con facilidade ós máis novos. No ano 1998 o grupo “Apeirón” da Facultade de Filoloxía puxo en escena ''Os Xemelgos'' na Vª Mostra de Teatro Universitario Galego. Ademais tódolos anos hai varias representacións de Plauto feitas por alumnos galegos de ensino medio como complemento ás clases de latín ou cultura clásica. Estas teñen un público reducido, xeralmente só o do propio centro, pero cumpren a función de difundir a obra do comediógrafo latino e ir familiarizando aos rapaces co teatro clásico. Hai que salientar neste traballo ó grupo “Sardiña”, formado por alumnos do IES “A Sardiñeira” e “Elviña” da Coruña, guiado polos catedráticos de latín dos institutos Ricardo Martín e Beatriz Martín. Constituíuse en 1983 e está especializado no teatro plautino, aínda que nos últimos tempos comezou a incorporar tamén a traxedia grega no seu repertorio. Fixeron xa máis de 400 representacións dentro da nosa Comunidade e tamén fóra, sobre todo no marco do Festival Europeo de Teatro Greco-Latino de Segóbriga, así como en diversos lugares de Italia. Hoxe en día outros grupos como Parrocha, El Ruiseñor e Noite Bohemia, seguen a traballar no cultivo do teatro grecolatino, sendo estes últimos recentes gañadores a nivel estatal do 2º Premio no Certame Candilejas Don Bosco e cunha Mención Especial Buero Vallejo pola mellor adaptación de texto na obra ''Aulularia ''de Plauto. No 2013 tamén se fixeron co Primeiro Premio na Modalidade “A Comedia Latina”.

<nowiki> </nowiki>No ano 2003, Celso Parada realizou unha adaptación d’ ''A comedia do Gurgullo'' a partir dos textos do propio Plauto. Contou, para interpretala, cos actores e actrices do [[Centro Dramático Galego]]. O traballo deste equipo foi estreado no Gran Teatro de Elxe o día 18 de outubro de 2003 e no Salón teatro de Santiago de Compostela o día 24 do mesmo mes<ref>''A comedia do Gurgullo ''do [[Centro Dramático Galego]], 2003, pola [[Xunta de Galicia]]. Inspirado na obra do mesmo nome dirixida por Celso Parada e coa información do estudo crítico de Teresa Amado e Eva Castro. [[ISBN 84-453-3642-5]].</ref>.

==== Festival de teatro grecolatino de Lugo ====
O [[Festival de teatro grecolatino de Lugo]] é un evento creado en 2001 pola sección galega da Sociedad Española de Estudios Clásicos (SEECGalicia), co propósito inicial de achegar as grandes obras do teatro grego e romano clásico aos estudantes do ensino medio. Cada ano acóllese no Auditorio Gustavo Freire a uns 4.000 alumnos de centros de Galicia, Asturias e León, aínda que este número foi medrando dende os 635 asistentes da primeira edición.

== Miles Gloriosus, a película ==
En Hollywood no ano 1966, baixo a produción de United Artists, chegou ás pantallas do cinema a película “Golfus de Roma”, adaptación de varias comedias de Plauto (fundamentalmente'' Miles Gloriosus'', ''Mostellaria ''e ''Pseudolus'') feita polos guinistas Melvin Frank e Michael Pertwee, sobre o espectáculo teatral de Burt Shevelove e Larry Gelbart producido por Harold Price. O director Richard Lester incluíu ós intérpretes Zero Mostel (Pseudolus), Phil Silvers (Lycus), Jack Gilford (Hysterium), Buster Keaton (Erronius), Michel Crawford (Hero), Michael Hordern (Senex), Annette Andre (Philia), Leon Greene (Miles Gloriosus), entre outros. A música foi composta por Ken Thorne (Oscar no 1966 á mellor banda sonora adaptada).

En España tamén houbo adaptacións desta mesma obra. No ano 2008 Juan Copete versionou a Plauto. O director da obra, Juan José Afonso, contou para facer de protagonistas con Pepe Viyuela (Pirgopolínices), con José Sancho (Palestrión) e con Cesáreo Estébanez (Periplectómeno). A obra foi presentada por primeira vez no Festival de Teatro Clásico de Mérida.

=Notas=
<references />
=Véxase tamén=
==Ligazóns externas==