Diferenzas entre revisións de «Maionesa»

sen resumo de edición
(corrixo)
[[Ficheiro:Ingredients maonesa.jpg|dereita|thumb|220px|Ingredientes e utensilios para facer o mollo.]]
 
A '''maionesa''' ou '''salsa maionesa''' é un [[mollo]] feito con xema crúa de [[Ovo (alimento)|ovo]], [[cloruro sódico|sal]] e [[aceite]], batidos até que espesan<ref>[http://portaldaspalabras.org/buscador?palabra=maionesa&sinom=0&homonimo= Definición no Portal das Palabras] da [[RAG]]- </ref>. Ás veces engádenselle unhas pingas de [[limón]]. Crese que é orixinaria de [[Menorca]] ([[Illas Baleares]] - [[España]]). Tecnicamente é unha [[emulsión]] de aceite que se pode formar porque a xema do ovo contén [[lecitina]] que fai de emulsionante. Forma parte da cociña mediterránea (non da galega), aínda que hoxe aparece en todo o mundo.
 
== Etimoloxía ==
O termo maionesa (en [[Lingua portuguesa|portugués]]: ''maionese'') entra no galego a través do [[Lingua francesa|francés]]: ''mayonnaise''. En castelán tamén se emprega, ademais de ''mayonesa'' a verba ''mahonesa'', e é que despois de moitas especulacións históricas, demostrouse que ''maionesa'' provén de ''maonesa'', xentilicio de [[Maó]] (Menorca). A primeira documentación escrita do mollo está incluída en 19 receitas, previas á ocupación francesa, do manuscrito de [[Fra Roger]] publicado polo [[Institut Menorquí d'Estudis]] co título ''[[Art de la Cuina]]''. O seu nome neste libro era ''aioli bo''.
 
Semella que era unha variante do [[alioli]], moi popular e con máis prestixio (pola incorporación dos ovos) nas Baleares e máis concretamente na illa de Menorca. Os comerciantes que paraban na illa falaban dun mollo coma o alioli que comeran en Maó, ao estilo de Maó, dunha salsa maonesa. O mollo espallouse polo resto da costa mediterránea ibérica, non sempre considerada como un mollo a parte senón frecuentemente coma parte dalgúns pratos precisos, que son os que realmente foron copiados ao inicio. Posteriormente tamén noutras terras mesturábase este mollo en novos pratos e ingredientes.
185.083

edicións