Sven Kramer: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sernostri (conversa | contribucións)
máis da wikipedia en inglés
Sernostri (conversa | contribucións)
máis da wikipedia inglesa
Liña 6:
Sven é fillo do patinador de velocidade [[Yep Kramer]], fixo a súa estrea na alta competición no Campionato Mundial Xuvenil de 2004, onde quedou segundo tras do canadense [[Justin Warsylewicz]]. En decembro dese ano con 18 anos gañou o Campionato Neerlandés KNSB o que lle permitiu cualificarse para o Campionato Europeo de Patinaxe de Velocidade, logrando alí a medalla de prata. O 19 de novembro de 2005 en [[Salt Lake City]] estableceu unha nova marca mundial nos 5000 metros con 6:08.78 e entrou na lista dos dez mellores de todos os tempos, o [[Adelskalender]]. No Campionato do Mundo de Patinaxe de Velocidade dese ano logrou a medalla de prata e para rematar o ano foi o campión do Campionato Xuvenil e asinou contrato co equipo neerlandés TVM.
 
O 11 de febreiro de 2006, gañou a medalla de prata nos 5000 m. nos [[Xogos Olímpicos de Inverno de 2006]] en Turín.<ref>{{cita web |author= |coauthors= |título=Sven Kramer Biography|url=http://www.sports-reference.com/olympics/athletes/kr/sven-kramer-1.html|work= |editor=''www.sports-reference.com''|date=|accessdate=1219/02/20102014}}</ref> Kramer tamén participou en persecución por equipos, onde os neerlandeses eran os favoritos pero na semifinal, Kramer tropezou e caeu levando con el a [[Carl Verheijen]], finalmente os Países Baixos serían bronce, levando Kramer a súa segunda medalla nos Xogos. Tamén participou en 1500 m quedando o 15º e en 10.000 m onde foi sétimo. No Campionato Europeo de 2006 en [[Hamar]], Kramer foi cuarto e no Mundial en [[Calgary]], estableceu un novo récord do mundo en 10000 m con 12:51.60.
 
Na temporada 2006–2007, Kramer gañou as primeiras dúas carreiras de 5000 m da copa do mundo, a segunda en 6:09.78, próxima ao seu récord do mundo, en decembro de 2006 foi de novo campión nacional. O 14 de xaneiro de 2007, Kramer converteuse no campión europeo en [[Collalbo]] ([[Italia]]), cunha forte competención do gañador de 2006, [[Enrico Fabris]], que gañara as dúas carreiras curtas, mentres Kramer facía o propio coas dúas de longa distancia, pero a súa puntuación foi menor que a de Fabris (148.800 fronte a 149.389), ademais os tempos en 5 e 10&nbsp;km. foron novos récords mundiais en patinaxe exterior, superando a Fabris e a [[Jochem Uytdehaage]] no Adelskalender. O 11 de febreiro Kramer converteuse no campión mundial por vez primeira, conseguindo unha nova marca mundial en 10 km. con 12:49.88.
 
Nos Campionatos do Mundo de 2007 en [[Salt Lake City]], Kramer participou en 5.000, 10.000 metros e persecución por equipos, gañando os tres e conseguindo récords do mundo en 10.000 e persecución. Kramer converteuse no patinador de velocidade do ano, xunto con [[Ireen Wüst]].<ref>{{cite web |author= |coauthors= |título=Kramer en Wüst – natúúrlijk- schaatsers van het jaar |url=http://schaatsen.blog.nl/algemeen/2007/03/14/kramer-en-w-st-nat-rlijk-schaatsers-van-het-jaar |work= |editor=''schaatsen.blog.nl''|date= 14 de marzo 2007 |accessdate=2010-02-14}}</ref>, e situouse primeiro no Adelskalendar o 17 de novembro de 2007.
 
No Campionato Europeo de 2006 en [[Hamar]], Kramer foi cuarto e no Mundial en [[Calgary]], estableceu un novo récord do mundo en 10000 m con 12:51.60.
== Notas ==
{{listaref}}