Karate: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Judcosta (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 37:
O estadio da transición entre os [[século]]s [[Século XX|XX]] e [[Século XXI|XXI]] revela que a maioría das escolas de karate deu énfase á evolución do condicionamento físico, desenvolvendo velocidade, flexibilidade e capacidade aerobia para participación de competicións de deporte de combate, quedando relegada a aquelas poucas escolas tradicionalistas a práctica de exercicios máis rigorosos, que teñan como obxectivo a desenvolver a resistencia dos membros, e de probas de [[Tameshiwari|rompemento]] de táboas de madeira, ladrillo ou xeo. Basicamente, existen dúas tendencias máis grandes: unha que desexa preservar os caracteres marcial e filosófico do karate, e unha outra, en que os caracteres deportivo e lúdico son meirandes e importantes.<ref>{{Cita libro|lingua=inglés|título=The Karate Handbook|nome=Ray|apelidos=Pawlett|localización=New York|editora=Rosen|ano=2008|páxina=38}}</ref>
 
Durante as dúas primeiras [[década]]s do século XX, o proceso de segmentación do karate en diversas escolas distintas instalouse en definitivo, aparecendo diversas asociacións, ata unhas dentro de outras, coa intención de difundir o seu modo peculiar de entender e ensinar as técnicas, a pesar de todas elas posuíren semellanzas e case que as mesmas orixes. Tal circunstancia foi combatida por grandes mestres, mais acabou quedando e xerou como consecuencia a falta de estandarización e entendemento entre as moitas entidades e practicantes. De aí, aínda que acepto mundialmente como deporte, ata clasificado como deporte olímpico e estando presente dos [[Xogos Pan-Americanos|Xogos Panamericanos]], non hai un sistema unificado de valoración para as competicións, ocasionando moita dificultade para a súa aceptación como deporte de competición nos [[Xogos Olímpicos]].<ref name="Olim">{{Cita web|url=http://www.dragon-tsunami.org/Dtimes/Pages/articledt16.htm|título=What the Olympics Will Bring to Karate|dataacceso=23 xaneiro 2014|lingua=inglés}}</ref>
 
A pesar da enorme fragmentación, os moitos estilos buscan aínda seguir un modelo pedagóxico relativamente común. E neste ámbito, distínguese o mero practicante daquel estudoso dedicado, chamado ''[[karateka]]'', porque este busca desenvolver disciplina, filosofía e ética, alén de só aprender os golpes. Aquel karateka que alcanza o grado de cinto negro chámase ''[[sensei]]''. E os lugares de aprendizaxe son chamados dojo, sendo estes case sempre afiliados a algún estilo.