Sven Kramer: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sernostri (conversa | contribucións)
→‎Traxectoria: tamén das wikipedias inglesa e neerlandesa
Sernostri (conversa | contribucións)
máis da wikipedia en inglés
Liña 5:
== Traxectoria ==
Sven é fillo do patinador de velocidade [[Yep Kramer]], fixo a súa estrea na alta competición no Campionato Mundial Xuvenil de 2004, onde quedou segundo tras do canadense [[Justin Warsylewicz]]. En decembro dese ano con 18 anos gañou o Campionato Neerlandés KNSB o que lle permitiu cualificarse para o Campionato Europeo de Patinaxe de Velocidade, logrando alí a medalla de prata. O 19 de novembro de 2005 en [[Salt Lake City]] estableceu unha nova marca mundial nos 5000 metros con 6:08.78 e entrou na lista dos dez mellores de todos os tempos, o [[Adelskalender]]. No Campionato do Mundo de Patinaxe de Velocidade dese ano logrou a medalla de prata e para rematar o ano foi o campión do Campionato Xuvenil e asinou contrato co equipo neerlandés TVM.
 
O 11 de febreiro de 2006, gañou a medalla de prata nos 5000 m nos [[Xogos Olímpicos de Inverno de 2006]] en Turín.<ref>{{cita web |author= |coauthors= |título=Sven Kramer Biography|url=http://www.sports-reference.com/olympics/athletes/kr/sven-kramer-1.html|work= |editor=''www.sports-reference.com''|date=|accessdate=12/02/2010}}</ref> Kramer tamén participou en persecución por equipos, onde os neerlandeses eran os favoritos pero na semifinal, Kramer tropezou e caeu levando con el a [[Carl Verheijen]], finalmente os Países Baixos serían bronce, levando Kramer a súa segunda medalla nos Xogos. Tamén participou en 1500 m quedando o 15º e en 10.000 m onde foi sétimo.
 
No Campionato Europeo de 2006 en [[Hamar]], Kramer foi cuarto e no Mundial en [[Calgary]], estableceu un novo récord do mundo en 10000 m con 12:51.60.
== Notas ==
{{listaref}}