Eduardo Dieste: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
formato
Servando2 (conversa | contribucións)
arranxo
Liña 1:
'''Eduardo Dieste Gonçalves''', nado en ([[1881]]- e finado en [[1954]]), foi un escritor e diplomático galego de nacionalidade uruguaia irmán de [[Rafael Dieste]].
==Traxectoria==
Naceu en [[Rocha]], no [[Uruguai]], desde [[1888]] residiu en [[Rianxo]], estudou no Seminario de Santiago pero non chegou a ordenarse, estudou filosofía e letras e colaborou co seu amigo [[Castelao]] en ''[[El Barbero Municipal]]''. En [[1911]] volveu para o Uruguai e foi animador do grupo poético Teseo. Foi cónsul xeral do Uruguai en Londres (1927-1931). En 1931 foi destinado a España exercendo como cónsul en diversas cidades, renunciou ao cargo en desacordo coa decisión do goberno uruguaio de romper as relacións diplomáticas coa república. Foi cónsul en [[San Francisco]] (1943-1952), [[Nova York]] (1952-1953) e [[Santiago de Chile]] (1953-1954).