Guerras iugoslavas: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Simplificando redireccións cara a Estados Unidos de América
lig ints
Liña 8:
[[Ficheiro:Flag of Slovenia.svg|20px|]] [[Eslovenia]]<br />
[[Ficheiro:Flag_of_Croatia.svg|20px]] [[Croacia]]<br />
[[Ficheiro:Flag of Bosnia and Herzegovina (1992-1998).svg|20px]] [[Bosnia -e Hercegovina]]<br />
[[OTAN]]<br />
|b2 =
Liña 18:
As '''Guerras iugoslavas''' foron unha serie de conflitos no territorio da antiga [[Iugoslavia]], que se sucederon entre [[1991]] e [[2001]]. Comprenderon dous grupos de guerras sucesivas que afectaron ás seis ex repúblicas iugoslavas. Termos alternativos en uso inclúen a '''Guerra dos Balcáns''', a '''Guerra na ex Iugoslavia''', '''Guerras Iugoslavas de Secesión''' ou raramente a '''Terceira Guerra Balcánica''' (un termo acuñado polo xornalista británico [[Misha Glenny]], aludindo ás [[Guerras dos Balcáns]] entre [[1912]] e [[1913]]).
 
As guerras caracterizáronse polos conflitos étnicos entre os pobos da ex Iugoslavia, principalmente entre os [[serbia|serbios]] por unha banda e os [[Croacia|croatas]], [[Bosnia -e Hercegovina|bosnios]] e [[Albania|albaneses]] polo outro; aínda que tamén nun principio entre bosníacos e croatas en [[Bosnia -e Hercegovina]]. O conflito obedeceu a causas políticas, económicas e culturais, así como á tensión [[relixión|relixiosa]] e [[etnia|étnica]].
 
As Guerras Iugoslavas terminaron con gran parte da ex Iugoslavia reducida á pobreza, con desorganización económica masiva e inestabilidade persistente nos territorios onde ocorrían as peores loitas. As guerras foron os conflitos máis sanguentos en chan europeo desde o fin da [[Segunda Guerra Mundial]], resultando nunhas 300.000 mortes e millóns máis sacados dos seus fogares. Foron tamén os primeiros conflitos desde a Segunda Guerra en ser [[Tribunal Penal Internacional para a ex Iugoslavia|formalmente xulgados os xenocidas]] e moitos dos individuos craves participantes foron consecuentemente acusados por crimes de guerra.
Liña 46:
O segundo conflito, a [[Guerra Croata de Independencia]], tamén levou a cabo coa mesma motivación, pero deveu abertamente nacionalista, como un choque entre os nacionalismos serbio e croata personificados en Serbia polo Presidente [[Slobodan Milošević]] e o Presidente [[Franjo Tuđman]] en Croacia. En xaneiro de [[1992]] o [[Plan de paz Vance]] determinou que a [[ONU]] tomaría o control dalgunhas zonas e acabou co conflitos militares, aínda que ata [[1995]] non se deterían definitivamente os ataques esporádicos de artillería sobre cidades croatas e as incursións ocasionais de forzas croatas en zonas baixo o control da [[ONU]].
 
En 1992 o conflito chegou a [[Bosnia -e Hercegovina]], onde loitarían tres faccións: os serbios, os croatas e os bosníacos, que diferían principalmente na súa relixión tradicional: [[Igrexa Ortodoxa|ortodoxos]], [[Igrexa Católica Romana|católicos]] e [[Islam|musulmáns]], respectivamente. Foi con moito o conflito máis sanguento das Guerras de Iugoslavia.
 
As Guerras Iugoslavas no oeste remataron co retiro militar na [[Eslovenia]], a derrota dos rebeldes serbios na [[Croacia]] e a sinatura dos [[Acordos de Dayton]] en [[1995]] por Bosnia seguido da intervención militar contra o lado serbio pola [[OTAN]].
Liña 52:
Os combates en Croacia remataron en [[1995]], tras dúas operacións rápidas do [[Exército Croata]], de nome en clave [[Operación Flash]] e [[Operación Tormenta]], nas que conseguiron recuperar todo o seu territorio excepto a zona baixo control da ONU (UNPA) do Sector Leste. Todos os serbios destas zonas pasaron a ser refuxiados. O Sector Leste controlouse pola administración da ONU ([[UNTAES]]) e foi reintegrado pacificamente en Croacia en [[1998]].
 
En [[1994]] [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]] xestionou a paz entre [[Croacia]] e o [[Exército da República de Bosnia -e Hercegovina]]. A intervención da [[OTAN]] contra os bosnianos trala [[Masacre de Srebrenica]] e a ofensiva das tropas croatas en zonas baixo control serbio tras a Operación Tormenta provocou que os bosnianos perdesen zonas baixo o seu control, e presionouse a tódolos bandos para deixar as armas e negociar un final á Guerra de Bosnia. A guerra rematou trala sinatura do [[Acordo de Dayton]] o [[14 de decembro]] de 1995.
[[Ficheiro:Iugoslavia na guerra-GL.svg|Thumb|centro|750px]]
 
Liña 58:
[[Ficheiro:Intolerance.jpg|miniatura|dereita|200px|Kosovo (1999)]]
 
* [[Guerra de Kosovo]] ([[1996]]-[[1999]]).
* [[Conflito en Macedonia]] ([[2001]]).
* [[Conflito no sur de Serbia]] (2001).
 
En [[Kosovo]], [[República de Macedonia - Република Македонија|Macedonia]], e na propia [[Serbia]], os conflitos caracterizáronse pola tensión política e racial entre os gobernos eslavos e as minorías albanesas que buscaban autonomía, ou independencia, como foi no caso de Kosovo.
* [[Conflito en Macedonia]] ([[2001]]).
 
* [[Conflito no sur de Serbia]] (2001).
 
En [[Kosovo]], [[República de Macedonia - Република Македонија|Macedonia]], e na propia [[Serbia]], os conflitos caracterizáronse pola tensión política e racial entre os gobernos eslavos e as minorías albanesas que buscaban autonomía, ou independencia, como foi no caso de Kosovo.
 
O conflito en Kosovo estourou nunha guerra a grande escala en [[1999]], mentres que os conflitos entre macedonios e serbios meridionais caracterizáronse por choques armados entre as forzas estatais de seguridade e as guerriñas de etnia albanesa. A guerra en Kosovo rematou coa intervención da OTAN contra as forzas serbias, aínda que posteriores desordes xeneralizadas en Kosovo estouraron no [[2004]]. Os conflitos no sur da Serbia e na república de Macedonia remataron con tratados de paz internacionalmente fiscalizados entre os insurxentes e o goberno, máis a situación námbalas dúas rexións segue a ser fráxil.