Olmo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sobreira (conversa | contribucións)
Sobreira (conversa | contribucións)
Liña 19:
En galego recoméndase usar os termos '''ulmeiro''' ou '''olmo'''.
 
No dicionario da [[Real Academia Galega]] indícase, ademais da forma olmo, a forma '''umeiro'''<ref>http://www.realacademiagalega.org/dicionario#searchNoun.do?nounTitle={{DRAG|olmo}}</ref>, mais no departamento de botánica da [[Universidade de Santiago de Compostela]] (''Termos esenciais de botánica''. Universidade de Santiago de Compostela, 2004) dise que en toda a documentación técnica manexada, esta denominación é unha forma dialectal (propia do galego de Asturias) de se referir ao [[amieiro]]: ''Alnus glutinosa''<ref>https://aplicacions.usc.es/buscatermos/publica/buscas/busca.htm?#9033922</ref>
 
Os nomes galegos ''ulmeiro'' e ''olmo'' derivan do seu nome latino ''ǔlmu'' máis o sufixo ''–aria'', que daría ''ulmario''. O nome ''umeiro'' (tanto para o [[amieiro]] como para esta especie) tería raíz prerromana relacionada coa auga, probablemente a raíz ''um-'' (que tamén xeraría a raíz latina), como a que presenta o [[río Umia]] ou o [[río Uma]] (afluente do [[Río Tea]]).